Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
O Casal, San Sadurniño, 1930
O mércores 24 de setembro de 1930, Alfonso de Borbon y Battenberg, príncipe de Asturias realiza unha viaxe a Ferrol a bordo do buque "Principe Alfonso". Un dos primeiros actos do día foi achegarse ata o Pazo da Marquesa en San Sadurniño onde asistirá a un almorzo coa Duquesa, Natividad Quindós,amenizado por un concerto da coral ferrolana Coro “Toxos e Froles”. O alcalde que organizou a recepción oficial daquela era Faustino Loureiro Couce. O príncipe xa estivera a piques de coñecer o pazo en 1926, mais anulara a viaxe por motivos de saúde. Podes descargar novas de xornais coa visita do Príncipe de Asturias a Galicia e San Sadurniño
O seu pai, Alfonso XIII, estivera en San Sadurniño en tres ocasións: en 1904, no 1909 co presidente do goberno Antonio Maura e no 1927 coa raíña Victoria Eugenia. Mais tamén estivo a Infanta Isabel en 1906 e 1914; Don Luis de Orleáns en 1908; Fernando de Baviera en 1915; os avós maternos de Juan Carlos I en 1913, entre outros moitos persoeiros da elite aristocrática, política, ou eclesiástica da España oficial na primeira restauración borbónica.
Probablemente ista foi a derradeira visita "real" na historia do Pazo, o canto de cisne dunha marquesa de 69 anos que non percibía cómo estaba a desbatarse o mundo de privilexios no que vivira toda a súa vida. En maio de 1930 estreara o seu cuarto coche de luxo en seis anos (Ford 37.819). Seis meses despois desta visita, proclamouse a República, a familia real partiu cara o exilio e os títulos de nobreza quedaron abolidos na Constitución republicana. O pazo nunca recuperará o esplendor aristocrático dos primeiros trinta anos do século XX, aínda que San Sadurniño tamén houbera podido ser durante este tempo "un lugar non só para reis".
Manolo Rico tiña sete anos cando foi testemuña directa do que supuxo un "acontecemento" para os 6.000 habitantes que vivían no concello daquela. Istas son as súas lembranzas:
Temas: visitantes, música, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Manolo Rico López