TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Ourense, 2017
O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, ca súa canle en youtube recibiu o premio á "Mellor vídeo-opinarmos" co vídeo "Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca"no concurso Youtubeir@s.
Nesta iniciativa participan Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza, Consuelo Picos, Cruz Piñón e Carmen Suárez. A gala de entrega dos premios celebrouse o día 26 de maio de 2017 no Teatro Principal de Ourense.
Aquí podedes ver o vídeo do momento no que se entregan os dous premios principais:
- Na categoría Vídeo-facermos para "Guiso especial Anti-San Valentín"realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco.
- Na categoría Vídeo-opinarmos para "Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca"presentado polas youtubeiras deTeño unha horta en San Sadurniño.
Éste é o vídeo gañador na categoría vídeo-opinarmos: "Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca"
Entregáronse tamén catro mencións honoríficas para os seguintes vídeos:
Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede, xorde coa fin de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais, para a súa difusión en Internet.
Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede. Youtubeir@s busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos. Actualmente, Youtube é a segunda rede social máis empregada, despois de Facebook, con máis de mil millóns de usuarias e usuarios.. Toda unha xeración de “youtubers”, agora tamén de youtubeiras e youtubeiros.
Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de videocreación para compartirmos os saberes todos e aprendermos a comunicar coa linguaxe audiovisual. Saca o youtubeir@ que levas dentro!
Trátase dunha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
No seguinte ligazón podes ver a gala de entrega de premios completa:
Gala Youtubeir@s 2017
Tamén podes ver Fotos da gala. E na canle de Youtubeir@s están dispoñibles todos os vídeos participantes, os finalistas, as mencións honoríficas e os gañadores.
Referencias na prensa
Praza Pública
Código Cero
El Correo Gallego
Faro de Vigo
O Sil
Universidade de Vigo
Pontevedra Viva
Qué pasa na costa
Concello de Ames
Rede Cemit
Noticias de Vigo
Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, Horta de Cruz, Horta de Consuelo, Horta de Lucita, Igrexafeita, Internet, labregos e labregas, Lamas, lecer, muller, Naraío, outros lugares, San Sadurniño (Concello), tecnoloxía, traballos, vídeos, xente
Autor/a: "Teño unha horta"