Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Falame de san Sadurnino seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural

San Sadurniño, 2017

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) presentou en decembro de 2017 o banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.

O Banco Galego de Boas prácticas en Xestión cultural é o resultado dun proceso de investigación de dous anos no que foron consultadas máis de 400 persoas do sector da xestión cultural en Galicia. Deste proceso saeu a escolla de 100 proxectos iniciais, aínda que o banco está aberto e seguirase completando a través dos criterios cualitativos que avalía: calidade, impacto integral no territorio, sostibilidade ou inclusión de valores transformadores.

"Fálame de San Sadurniño" e a "Chanfaina'lab" foron seleccionados entre os 100 proxectos incluídos neste banco de boas prácticas. O resultado é en primeiro lugar un “escaparate” do moito e bo que se fai no país en xestión cultural. Este proxecto estivo financiado polo Ministerio de Cultura e a vicepresidencia da Deputación da Coruña. Coordinado por Sergio Lago e traballado por Adriana Castro e Nela Fraga, entre outras persoas colaboradoras.

Son 100 proxectos culturais seleccionados en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida) exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outros contextos)

Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura.

Podes consultar os proxectos aquí:
Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural

Falame de san Sadurnino seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural

Comentarios

Máis imaxes

Temas: patrimonios, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: