Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A tristeza da marquesa

San Sadurniño, 1923

Regresar a San Sadurniño en xullo de 1923 debeu ser moi duro para Natividad Quindós. Alí, no gran Pazo morrera o seu home facía xustamente un ano. Coma todos os veráns, a marquesa ven acompañada pola súa inseparábel cuñada, Rosalía Arias-Dávila, Marquesa de Almaguer, e a “servidumbre” (Ideal Gallego 20.7.1923).
O verán debeu abondar en lembranzas e malos momentos pola irreparábel ausencia do seu compañeiro de viaxe durante 36 anos. O día do seu primeiro cabodano, o 25 de xullo, a Marquesa "pagou misas en todas as parroquias" relacionadas coa súas antigas posesións para lembrar ao vello Marqués, como se anuncia na esquela publicada en varios xornais galegos, e ata conseguiu indulxencias de Roma para todos cantos asistiran ao cabodano en Baltar. É de supoñer que durante o verán frecuentaran especialmente os oficios relixiosos, deran paseos solitarios polos xardíns e non debeu haber moita festa no pazo nestes meses. Unha das decisións adoptadas nos días de reclusión voluntaria foi a solicitude de renuncia ao cargo palaciego de "Camarera mayor de la Reina madre". A súa dimisión será aceptada o 11 de novembro de 1923 tras 17 anos no posto.
Quizais a presenza -dende xullo - do novo párroco de San Sadurniño, Daniel Porto Río, un -“sacerdote modelo”, segundo a prensa, procedente de Miño, contribuíra a paliar espiritualmente a soidade e tristura das dúas amigas. O párroco fora escollido nunha terna pola propia Marquesa segundo o dereito de representación -un privilexio do antigo réxime- que lle permitía escoller os curas das parroquias da súa "xurisdición".
A estadía estival prolongouse coma nunca na historia do pazo, pois ambas fican en San Sadurniño ata finais de outubro. Quizais o motivo do retraso fora a incertidume político-social provocada polo golpe de Estado de Primo de Rivera o 13 de setembro dese mesmo ano. Os cambios políticos en San Sadurniño aínda se adiaron quince días. Cando "as augas volveron ao rego", retornaron á gran casa madrileña da rúa San Bernardo na que as dúas cuñadas viven xuntas dende a morte do Duque.

  • A tristeza da marquesa

  • Escritorio do marqués no pazo

  • O pazo melancólico

  • Fin do verán (Ideal Gallego, 25-10-1923)

  • Salón de billar do marqués

  • Daniel Porto, o novo párroco de San Sadurniño (El Ideal gallego , 20/8/1923)

  • Daniel Porto, o novo párroco de San Sadurniño no Pazo

  • O pazo valeiro

  • Esquela do 1º cabodano do marqués (Correo gallego 25 de xullo de 1923)

  • El correo galego, 25 de xullo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: