Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Canción 37"

Forgoselo, 2024

8ª Chanfaina Lab (21). Estrea: venres 10 de maio do 2024
Dirección: Colectivo Memoria e Cinema (Bruno Arias, Coral Piñeiro, Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal)
Reparto: Brais Pombo
Duración: 10 min
Sinopse: "Unha radio que quere soar, un home que se agocha. Un día normal entre os penedos dun monte para lembrar os sons que acubillaron a quen tivo que buscar unha casa a ceo aberto."
Gravado no Forgoselo e arredores do Río Castro na Fontenla, dentro do programa da 8ª Chanfainalab

"Memoria e Cinema" é unha asociación sen ánimo de lucro da que forman parte, entre outras, Bruno Arias (Vigo 1998), Coral Piñeiro (Vilagarcía 1998), Laura Piñeiro (Vilagarcía 1998) e Fran Rodríguez Casal (Traspielas, Fornelos 1998). Xuntos forman un colectivo de cine que traballan a memoria e a súa aplicación didáctica, nomeadamente no eido da memoria histórica. Realizaron pezas documentais como "Dores" (2020), premio do público no Ourense Film Festival, premio ao mellor documental en Curtas Festival do Imaxinario e o primeiro premio no Festival UEMC de Cine Social Universitario; ou "Na pel da memoria" (2023), co Premio "Furacáns" á mellor curta de non ficción no Festival de Cans, o primeiro premio do Certamen de Jóvenes Creadores Premios Madroño e o premio á mellor Curta documental de CREA. Actualmente colaboran coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, onde Coral e Bruno realizan un traballo didáctico en institutos mentres Laura e Fran desenvolven unha peza de cine con música en directo co arquivo fotográfico de Dorothé Schubart. Bruno Arias acadou o Mestre Mateo 2024 a mellor longametraxe documental "Os espazos en Branco".

Como é de prever polo nome do colectivo, @s moz@s de "Memoria e Cinema" tentaron procurar un ronsel ou fío que permitira viaxar no tempo no territorio de Sansa e para iso foi precisa unha actitude de escoita activa que detectase os ecos do pasado e a memoria da paisaxe: "As ideas que nos levaron ao tema orixináronse despois de coñecer a formación das rochas do Forgoselo a cargo do xeólogo Fran Canosa. Decatabámonos que a paisaxe do noso redor fora construída ao longo de millóns de anos e imaxinamos as millóns de historias que puideron vivir aqueles penedos en tanto tempo. Pensamos en como esas mesmas pedras e esas mesmas árbores podían ser lugares hostís e lugares de refuxio en función do momento e da persoa, e pensamos en como sería a vida no monte de alguén que se vise na obriga de fuxir, de deixar atrás a súa casa e de facer do que antes era só paisaxe un fogar forzado. Segundo fomos pensando todo isto, aprendemos tamén que esas mesmas pedras fixeran as veces de soportes para antenas de radio pobres e improvisadas que axudaban a manter un fío feble de contacto coa vida previa e, polo tanto, cunha esperanza que minguaba. Logo contáronos a historia dun home que facía no monte unha radio "cunhas pedras e uns arames" para poder escoitar unha emisora clandestina. A partir desta vivencia concreta recreamos a historia dunha persoa fuxida nos montes de Naraío ou Igrexafeita".

Canción 37 é unha curtametraxe de ficción histórica ambientada naqueles días incertos e convulsos da represión de 1936 ou a inmediata posguerra, nos anos corenta, cando o Forgoselo era lugar de refuxio da "IV Agrupación guerrilleira". Os cineastas da memoria botaron man de recursos documentais e un compendio de elementos cos que quixeron experimentar a partir de texturas e a presenza ou ausencia da imaxe e do son: Os audios proceden do Fondo Sonoro do Partido Comunista de España. A nosa peza, como todo o que facemos, non ten máis intención que poñer unha serie de emocións enriba da mesa e buscar a empatía de quen mire e escoite a través de recursos variados. A nosa curta foi transformándose desde o primeiro ata o último día: vimos caer moitas das intencións que tiñamos ao comezo e deixamos agromar outras novas. Pero iso parécenos moi ben, así é como funcionan as historias". Dende a organización da Chanfainalab e tamén como militantes da memoria, agradecemos que este fato de moz@s lembrasen aqueles días escuros e tráxicos, co eco dese miliciano que sobrevive na Serra do Forgoselo. Era un tema aínda inédito no noso catálogo e aínda que se trate dunha ficción, ben podería ser un documental. Era un tema aínda inédito no noso catálogo e aínda que se trate dunha ficción, ben podería ser un documental. Ese e o milagre do cinema da memoria, porque contribúe poderosamente a construír a historia de nós.
Fotografías de César Galdo

  • "Canción 37"

  • No centro Coral, Bruno e Fran do colectivo Memoria e cinema camiñando pola Cortiña

  • Coral, Bruno e Fran na sesión preparatoria da 8º Chanfainalab

  • Coral e Fran observando como se planta un sanguiño

  • Colectivo "Memoria e cinema" na foto da plantación da árbore conmemorativa da 8º chanfainalab

  • Por aí anda Bruno escoitando ao xeólogo Fran Canosa.

  • Viaxe o interior da terra no autobus cara o Forgoselo

  • Colectivo "Memoria e cinema" na foto oficial da 8º chanfainalab

  • Coral, Bruno e Fran na "Eira de cineastas"

  • Bruno Arias na "Eira de cineastas"

  • O equipo no Forgoselo

  • Bruno na procura da luz

  • Memoria e cinema perdidos no solpor do Forgoselo

  • Memoria e cinema perdidos na Gala da 8º Chanfainalab

  • Fran e Bruno coa Lola Chanfaineira na gala da 8º Chanfainalab

  • Fran e Bruno presentando "Canción 37"

  • Fran e Bruno cos cineastas da 8º chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: cancións, conflitos, guerra, Naraío, visitantes, Forgoselo, naturezas

Autor/a: Memoria e cinema

Vídeos:
Entrevista Coral e Laura Piñeiro

Compartir en: