
Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Marques de Figueroa, San Sadurniño, 1984
En 1984 o empresario José Luis Sanjurjo Sixto abriu un establecemento de hostalería que acadou merecida sona en Ferrolterra. Trátase do mítico Bar "Tolos" que se mantivo en activo durante 16 anos ata o 2000 e constitúe un fito na memoria colectiva de toda unha xeneración que o frecuentou. Estaba situado na gran casona que levantara o emigrante retornado Pelayo Casal arredor de 1908. O mesmo empresario xestiona actualmente Dzine, outro popular local de hostalería. José Luis Sanjurjo cóntanos a pequena historia deste pioneiro local nocturno en San Sadurniño. O director de cine Mario Iglesias gravou no seu exterior unha secuencia da curta "E logo?"
2015-03-26 07:47:14
Me gustaria aclarar que ese horrible letreiro de bar Tolos nunca esixteu, nin ese nin outro, foi un montaxe fotografico para a ocasion e cando o bar e xa non estaba nas miñas mas
2015-04-01 23:07:14
Que gratos recuerdos, querido amigo te deseo todo el éxito en tu nueva empresa DZINE con la certeza de que todos los tolos de la región allí se darán cita !!!
Temas: bares e tabernas, emprendedor@s, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: José Luis Sanjurjo Sixto