Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Casa Germán

Campo da feira, San Sadurniño, 1967

Germán Castro Díaz e Otilia Couce Villar abriron no ano 1967 un dos negocios máis populares de San Sadurniño "Casa Germán", antes "Casa Vizoso", ao carón do campo da feira. O negocio foi casa de comidas, bar, tenda de ultramarinos e tamén ofrecía aloxamento. Facían vodas, bailes, cine, espectáculos ata xuntanzas clandestinas e mitíns políticos... Mantívose aberto ata 1992. No 2015 Tania Couce abriu alí unha tenda de flores, regalos e complementos, "La Feria".
Otilia, con 88 anos, fálanos deste espazo de referencia para gran parte da veciñanza actual de San Sadurniño.
Na foto vemos a Benito da Granxa (con boina), Manolito Rico (de branco), Arturo de Eleuteiro (co viño diante) e o que está bebendo é Avelino Cinza.

  • Casa Germán

  • A casa de Germán e Otilia

  • Celebración en Casa Germán

  • Tamén era salón de bailes

  • Germán con Juan o portugués que traballaba na traída de auga

  • Pola esquerda: Lolo de Castro, Germán de Castro, Tonio de Benino, Sindo do Portugués, Granao, Daniel, Beceiro, José Manuel de Riboira, Pérez de Corrás.

  • Cea do persoal da Armada na Casa Germán. Arriba Carlos, o sobriño de Otilia, coa súa promoción.

  • Pola dereita: Lito da Canaria, Cobelo de Corrás, Enrique de Raña, Germán de Corrás, Manolito Pedrido, Ramiro de Cornide, Tito do Turreiro, Fernando de Manolo, Beceiro, Germán do Castro e Manolito Rico

  • Otilia, Secundino, Carlos da Rubia, Darío Corrás, Ducho, Víctor Manuel, Angel Lagoa, Gerardo do Moreno, Cobelo Corrás, Hilarito de Casal, Mito do Outeiro, Pepito de Marina, Tito de Evaristo, Rubio de Piñeiros, Lalo Lagoa e no centro Juan Vila na súa desp

  • Casa Germán: comidas, bar e ultramarinos

  • Otilia con Daría a muller do practicante

  • Na Casa Germán a clientela estaba "como na casa".

  • Germán (esquerda) na liña do autobús no que traballou

  • Clientela na Casa Germán

  • Publicidade Casa German. Catareliña 1985

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: bares e tabernas, gastronomías, San Sadurniño (parroquia), traballos, xente, cinema, feiras

Autor/a: Otilia Couce Villar

Compartir en: