Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

2015

Cómo plantar leitugas. A horta de Lucita.

Lucia Pita amósanos cómo planta as leitugas na súa horta de Naraío.

Naraío ,2015

Cómo sementar xudías. A horta de Consuelo.

Consuleo Picos, na súa horta de Igrexafeita, móstranos cómo facer semilleiros cos vasos de yogur para sementar...

Igrexafeita ,2015

Cómo plantar tomatina. A horta de Cruz.

Cruz Piñón, coa axuda do seu fillo Roberto, ensina cómo facer os regos e plantar tomatina na súa horta de...

Ferreira ,2015

O meu porco Curri. A horta de Cruz.

Cruz Piñón, preséntanos neste vídeo a "Curri", o porquiño que vive na súa horta.

Ferreira ,2015

Recollendo patacas. A horta de Lucita.

Neste vídeo Lucita recolle patacas na súa horta de Naraío coa axuda dunha amiga moi especial, Antía.

Naraío ,2015

O plantío de pementos. A horta de Consuelo.

Neste vídeo Consuelo, xunto coa neta Birtukan e a filla Ana (na cámara), móstranos o plantío de pementos na súa...

A Cruruxa, Igrexafeita ,2015

Apañando chícharos. A horta de Cruz.

Cruz Piñón recollendo chícharos (guisantes) na súa horta de Ferreira, cóntanos e cántanos cómo facelo.

Piñeiros, Ferreira ,2015

Cómo enristrar cebolas. A horta de Lucita.

Lucita móstranos cómo enristrar as cebolas na súa horta de Naraío.

Naraío ,2015

Cómo podar tomates. A horta de Consuelo.

Consuelo móstralle á neta Burti cómo podar e amarrar os tomates na súa horta de Igrexafeita.

A Curuxa, Igrexafeita ,2015

Cómo sulfatar tomates. A horta de Cruz.

Cruz móstranos cómo sulfatar os tomates e os trucos para que non lles ataque "a peste".

Ferreira ,2015

Cómo sementar ruibarbo. A horta de Consuelo.

Consuelo Picos ensina ás súas netas Elvia e Birtukan a sementar ruibarbo, unha planta comestíbel cuxo consumo en...

A Curuxa, Igrexafeita ,2015

Promo. "Teño unha horta en San Sadurniño"

No proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" tres mulleres de San Sadurniño comparten o coñecemento e a...

San Sadurniño ,2015

2016

Cómo cultivar patacas. A horta de Carmiña.

Carmen Couce, coa axuda de Maruxa e Pepe, móstranos cómo cultivar as patacas da forma tradicional, tal e como lle...

Lamas ,2016

"A horta de Maruxa": Cultivar sandías.

Carmen Bouza (Maruxa) amósanos cómo cultiva as sandías na súa horta de Lamas.

A Laxe, Lamas ,2016

"A horta de Cruz": Cultivar trigo sarraceno.

Cruz comparte un novo experimento na súa horta de San Sadurniño e amósanos todo o proceso do cultivo do trigo...

Ferreira ,2016

"A horta de Consuelo": O espantallo.

Consuelo amósanos cómo facer un espantallo para protexer o cultivo do millo, na súa horta de Igrexafeita.

A Curuxa, Igrexafeita ,2016

"A horta de Carmiña": Cultivar cebolas.

Neste vídeo Carmiña ensínanos a sementar e recoller as cebolas na súa horta de Lamas.

Os Pantís, Lamas ,2016

"A horta de Maruxa": O experimento das luffas.

Carmen Bouza "Maruxa" amósanos o seu experimento de cultivar luffas. As luffas son unha especie cabazas que dan a...

A Laxe, Lamas ,2016

"A horta de Lucita": Traballos miudos.

Lucita amósanos neste vídeo varios traballos miudos de mantemento na súa horta.

Naraío ,2016

"A horta de Cruz": O galiñeiro.

Cruz lévanos ó seu galiñeiro para mostrarnos os polos e galiñas.

Ferreira ,2016

A horta de Carmiña: cómo cultivar xenxibre.

Carmen Couce ensina cómo cultivar xenxibre na súa horta dos Pantís.

Os Pantís, Lamas ,2016

A horta de Maruxa: marihuana na horta

Unha sorpresa inesperada na horta de Maruxa da Laxe. Un divertido vídeo protagonizado por Carmen Bouza (Maruxa) e...

A Laxe, Lamas ,2016

Cómo plantar col roxa. A horta de Lucita

Aprende con Lucita cómo plantar col roxa na horta.

Naraío ,2016

Cómo cultivar mainzo. A horta de Consuelo.

Consuelo comparte con nós o traballo de sementar e recoller o mainzo. Conta coa axuda da neta Elvia e a filla Ana,na...

Igrexafeita, San Sadurniño ,2016

Cómo cultivar liño. A horta de Cruz

Aprende con Cruz Piñón a sementar e recoller o liño. Desde a súa horta de Ferreira fálanos do que significa para...

Ferreira, San Sadurniño ,2016

A experiencia de plantar azafrán nas hortas de San Sadurniño

Consuelo, Lucita, Carmiña, Maruxa e Cruz poñen en marcha unha nova experiencia, plantar azafrán nas súas hortas de...

San Sadurniño ,2016

A flor do azafrán. Teño unha horta en San Sadurniño.

Consuelo, Lucita, Carmiña, Maruxa e Cruz poñen en marcha unha nova experiencia, plantar azafrán nas súas hortas de...

San Sadurniño ,2016

Cómo cultivar cacahuetes 1: plantar e coidar. A horta de Maruxa

Aprende a cultivar cacahuetes con Maruxa. E tamén os trucos para que os páxaros, as toupas e as babosas non desfagan a...

Lamas, San Sadurniño ,2016

Cómo cultivar cacahuetes 2: recoller e tostar. A horta de Maruxa

Continuación do vídeo Cómo cultivar cacahuetes 1: plantar e coidar.. Neste vídeo poderás ver a recollida, tostado e...

Lamas, San Sadurniño ,2016

Cómo recoller e debagar chícharos. A horta de Cruz

Aprende con Cruz a debagar os chícharos ou guisantes, co seu fillo Roberto trala cámara.

Ferreira, San Sadurniño ,2016

Cómo amasar pan. A horta de Cruz

Aprende con Cruz a facer unha masa de pan, a conciencia... "pa amasar hai que sudar".

Ferreira, San Sadurniño ,2016

Así facemos Teño unha horta en San Sadurniño

O programa da TVG "Cos pés na terra" gravou esta reportaxe sobre o proxecto das hortas de San Sadurniño en setembro de...

San Sadurniño ,2016

Cómo plantar xudías. A horta de Lucita

Neste vídeo aprenderás a plantar xudías con Lucita.

Naraío, San Sadurniño ,2016

Cómo cultivar cebolas. A horta de Lucita

Lucita amósanos cómo cultiva cebolas na súa horta de Naraío.

Naraío ,2016

2017

Os animais da horta de Consuelo

Consuelo lévanos aos prados de Igrexafeita para ensinarnos os animais da súa horta, as ovellas, as cabras e...

Igrexafeita ,2017

Prohibido plantar patacas nas hortas de San Sadurniño: a praga da couza guatemalteca

As integrantes de "Teño unha horta en San Sadurniño" están tristes e cabreadas pola praga da couza guatemalteca que...

San Sadurniño ,2017

Rompendo a casca das pitinas asturianas.

Consuelo móstranos cómo axudar a sair da casca ás súas pitinas asturianas... e canto lles costa nacer.

Igrexafeita, San Sadurniño ,2017

"Teño unha horta en San Sadurniño": Mellor webserie VO en galego

O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, co seu canle en youtube Teño unha horta en San Sadurniño recibiu o...

Carballo ,2017

Teño unha horta en San Sadurniño - Premio Youtubeir@s 2017

O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, ca súa canle en youtube recibiu o premio á "Mellor vídeo-opinarmos"...

Ourense ,2017

Cómo cultivar puerros. A horta de Cruz

Aprende con Cruz a cultivar os mellores puerros e conservalos todo o ano.

Ferreira ,2017

Cómo sementar berenxenas. A horta de Cruz.

Cruz ensina cómo plantar as berenxenas, na súa horta de Ferreira.

Ferreira ,2017

O experimento dos boniatos nas hortas de San Sadurniño.

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña poñen en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar...

Lamas ,2017

Combatir "a peste" dos tomates con leite

Aprende con Cruz cómo facer un fungicida caseiro con leite para protexer os tomates e outras plantas da horta dos...

Ferreira ,2017

Aquí hai tomate!: 13 variedades ecolóxicas

Consuelo preséntanos as 13 variedades de tomates ecolóxicos que cultiva na súa horta.

Igrexafeita ,2017

Cómo cultivar lentellas

Aprendemos con Maruxa cómo cultivar as nosas propias lentellas. Un novo experimento nas hortas de San Sadurniño. Algo...

Lamas ,2017

Aromáticas e outras herbas de gardar

Consuelo móstranos as herbas aromáticas da súa horta, fálanos das súas aplicacións e das sementes a recoller para...

Igrexafeita ,2017

Truco para escorrentar caracois

Carmiña móstranos este orixinal truco para protexer a horta dos ataques de caracois e babosas.

Lamas ,2017

O experimento dos boniatos 2: a colleita

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña puxeron en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar...

San Sadurniño ,2017

Qué son grelos e qué son nabizas?

Cruz Piñón ilústranos sobre a diferencia entre os grelos e as nabizas.

Ferreira ,2017

Cómo enristrar mainzo

Aprende con Consuelo cómo enristrar o mainzo.

Igrexafeita ,2017

Trucos ecolóxicos para espantar os ratos da horta... ou non

Carmiña pon en práctica diferentes trucos ecolóxicos para espantar os ratos que lle comen os produtos da horta.

Lamas ,2017

Teño unha horta en San Sadurniño - Premio Fundación DomusVi

O proxecto audiovisual e de inclusión dixital “Teño unha horta en San Sadurniño” recibiu en Madrid o premio como...

Madrid ,2017

"Boniatos no país do sol poniente"

4ª Chanfaina Lab (19). Estrea: venres 15 de xuño do 2018. Idea e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo...

Ferreira, Lamas, Naraío e Igrexafeita ,2017

2018

Cómo espantar moscas e mosquitos con ruda

Aprende con Cruz este sinxelo truco para espantar moscas e mosquistos con ruda.

Ferreira ,2018

De ónde e cómo sae o liño?

Aprende con Maruxa e Cruz cal é o proceso da elaboración do liño. Desde a recollida da planta ata conseguir os fíos...

Lamas ,2018

Cómo cultivar tabaco

Maruxa pon en marcha un novo experimento na súa horta de Lamas, unha plantación de tabaco.

Lamas ,2018

Madre mía! Aquí hai boniatos!

As mulleres de "Teño unha horta en San Sadurniño", experimentan de novo co cultivo dos boniatos. Aquí podes ver o...

San Sadurniño ,2018

O cultivo da chía

O cultivo da chía, un novo experimento que pon en marcha Maruxa na súa horta.

Lamas ,2018

Xarope de chumbeira

Aprende con Cruz a facer un remedio natural para curar a tos, tal e como o facía a súa nai. Xarope ou jarabe de...

Ferrreira ,2018