Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

O plantío de pementos. A horta de Consuelo.

A Cruruxa, Igrexafeita, 2015

Neste vídeo Consuelo, xunto coa neta Birtukan e a filla Ana (na cámara), móstranos o plantío de pementos na súa horta de Igrexafeita.

  • O plantío de pementos. A horta de Consuelo.

  • Consuelo e Birtukan na horta

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Horta de Consuelo, gastronomías, Igrexafeita, labregos e labregas, muller, nenos e nenas, receitas, traballos, xente, vídeos

Autor/a: Consuelo Picos Picos

Compartir en: