Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

Promo. "Teño unha horta en San Sadurniño"

San Sadurniño, 2015

No proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" tres mulleres de San Sadurniño comparten o coñecemento e a experiencia do traballo no campo. Con móbiles e cámaras fotográficas gravan as labores dunha pequena horta, ensinando trucos e tarefas tradicionais. Ao mesmo tempo, contar coa colaboración e asistencia na gravación de persoas novas, supón un intercambio interxeracional entre os coñecementos en novas tecnoloxías e os traballos tradicionais do campo.

Na primeira temporada realizáronse 11 capítulos nos que participan: na "horta de Consuelo", Consuelo Picos, a filla Ana e a neta Birtukan. Na "horta de Cruz", Cruz Piñón e o fillo Roberto Bouza. Na "horta de Lucita", Lucía Pita e a súa amiga e veciña Antía. Actualmente estamos a preparar a segunda temporada con máis protagonistas.

"Teño unha horta en San Sadurniño" posto en marcha pola Aula Cemit de San Sadurniño, xurde como un dos proxectos piloto na primeira edición do programa CeMIT-Innova de AMTEGA no 2015, que busca o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia desde a Rede Cemit.
O proxecto foi seleccionado en abril de 2016 para participar no prestixioso festival internacional de contidos dixitais Carballo Interplay na categoría de "Galiza V.O." Aquí tedes a promo.



As dúas labregas feitas con millo do cartaz son obra de "As Lolas da Cascarilla"
Máis información aquí

Promo. "Teño unha horta en San Sadurniño"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Horta de Consuelo, Igrexafeita, labregos e labregas, muller, nenos e nenas, traballos, xente, vídeos, tecnoloxía

Autor/a: "Teño unha horta"

Compartir en: