Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Fálame de San Sadurniño premio Rodolfo Prada á xestión cultural

Maoeiro, Ourense, 2018

O proxecto "Fálame de San Sadurniño" recibiu o premio “Rodolfo Prada” á xestión cultural 2018, convocado pola Deputación de Ourense.

Concedéronse tres premios nas tres modalidades deste certame que premia iniciativas de carácter cultural de dentro e fóra de Galicia. Entre os premiados deste ano encóntrase “Fálame de San Sadurniño” dentro do apartado que recoñece o traballo de profesionais da xestión cultural.
Ademais de Fálame de San Sadurniño tamén resultaron premiados o festival “Arteficial” na categoría de persoas voluntarias ou colectivos afeccionados e a proposta “Unitaria”, presentados respectivamente pola Asociación Cultural Ecolóxico Educativa Arteficial e pola Asociación Amigos, si, pero a vaquiña polo que vale.

O xurado estivo integrado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, en calidade de presidente; e como vogais, por parte da Asociación Galega de Xestores Culturais: Alberto García Sánchez, Cristina Rodríguez Labandeira e Carlos Lorenzo Pérez; por parte da Deputación de Ourense: Luís González Tosar, Antonio Piñeiro, Juan Rivas e Manuel Araujo; e por parte da Asociación Rodolfo Prada, Francisco González.

A Deputación de Ourense, a través deste galardón, que ten como obxectivo distinguir a persoas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural con referencia á cultura galega, destina un total de 6.000 euros en premios. Deste modo, na modalidade dirixida a profesionais da xestión cultural, o premio consiste no financiamento dunha bolsa para a participación nalgunha acción formativa sobre xestión cultural no marco do programa “Europa Creativa” ou de calquera outra entidade cultural que resulte de interese para o premiado, cunha contía máxima de 1.000 euros.

Na modalidade dirixida a persoas voluntarias ou colectivos afeccionados, o premio consiste na colaboración directa da Deputación de Ourense co seguinte proxecto cultural que promova a asociación galardoada, cunha contía máxima de 2.000 euros.

E, por último, na modalidade dirixida a proxectos culturais vinculados á AGPXC, o premio consiste na colaboración directa da Deputación de Ourense co seguinte proxecto cultural que promovan as persoas responsables do proxecto gañador, cunha contía máxima de 3.000 euros. Asemade, tódolos premios irán acompañados, nas tres modalidades, cunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por artistas ourensáns, así como dun diploma acreditativo.

Fálame de San Sadurniño premio Rodolfo Prada á xestión cultural

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: San Sadurniño (Concello)

Compartir en: