Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

hortas


TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

Madre mía! Aquí hai boniatos!

San Sadurniño, 2018

As mulleres de "Teño unha horta en San Sadurniño", experimentan de novo co cultivo dos boniatos.
Aquí podes ver o resultado da segunda colleita na horta de Cruz e na horta de Maruxa.

Madre mía! Aquí hai boniatos!

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, Horta de Cruz, Horta de Consuelo, Horta de Lucita, Ferreira, Internet, labregos e labregas, Lamas, muller, traballos, tecnoloxía, vídeos, xente

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Compartir en: