Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1486
O día 5 de outubro de 1486 chega ata as portas do Castelo de Naraío unha orde real para que Paio Rodríguez, alcaide do castelo, entregue a Pedro de Izaca, agochado nos muros da fortaleza tras asasinar ao rexidor de Viveiro, Gómez de Galdo.
O documento proba que 22 anos despois da Revolta Irmandiña o Castelo de Naraío está operativo e reconstruído. No Preito Tabera-Fonseca afírmase que "y el dicho conde probó como no había gastado nada en ellas, que los mismos labradores que las derrocaron las abían tornado a hazer e dize mas el dicho testigo, que save que al dicho su abuelo derrocaron la fortaleza de Villalba y la fortaleza de Naraio y la de Andrade y que el dicho su abuelo y su padre las tornaron a mandar hazer a los labradores y personas que las habían derrocado"
Así pois, o castelo de Narahío recupera o seu triste destino de representar o símbolo da opresión e represión señorial, da arbitrareidade ilegal do señorío feudal ao marxe do poder real.
Temas: castelo de Naraio, conflitos, Naraío, patrimonios, Señores de San Sadurniño, visitantes
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño