Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
O Casal, San Sadurniño, 1957
En 1957 o prestixioso fotógrafo galego Dionisio Tasende (1918-2010) visitou San Sadurniño onde tirou algunhas fotografías no entorno do Colexio das monxas de Cristo Rey. O seu fillo, o arquitecto Dionisio Tasende González, fálanos da estadía do seu pai entre nós, explicándonos ademais algunhas claves da súa capacidade para atrapar o instante preciso da vida cotián na Galicia dos anos 50 e 60. No ano 2014 o Museo de Belas Artes, en colaboración có CGAI, recuperou a obra do gran artista coruñés cunha antoloxía da súa obra fotográfica baixo o título “De homes... e mulleres”.
Escoita tamén outra historia falada de Regina Cinza sobre a foto da súa avoa.
Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), visitantes
Autor/a: Dionisio Tasende González
Fotógrafo/a: Dionisio Tasende Hernández
Vídeos:
Exposición "Dionisio Tasende"