San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
A Cortina, San Sadurniño, 2014
Nenas e nenos de Aldea de Verán visitaron a horta de conservación de froitas autóctonas en San Sadurniño en xullo de 2014 ao carón do Arboreto. Escoita as impresións dos cativos e cativas sobre o que aprenderon e disfrutaron na visita. O cineasta Miguel Mariño evoca o seu sabor no filme "O tempo da mazá"
Temas: escola, labregos e labregas, naturezas, nenos e nenas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Aldea de Verán
Vídeos:
"O tempo da mazá" de Miguel Mariño