Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1974
O ministro de Información e Turismo Pío Cabanillas visitou San Sadurniño o 21 de setembro de 1974. Foi recibido con "verdadeiro entusiasmo" pola corporación en pleno presidida polo alcalde Santiago Secada. Tras dunha apretada xira por varios pobos de Ferrolterra, chegou ao Castelo de Naraio e prometeu a súa reconstrución, así como a creación dun mirador en Pico Ferreira para dinamizar o turismo na comarca. Á noitiña inaugurou o teleclube do Pedroso, onde hoxe está a Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña". Un mes despois, o ministro Pío Cabanillas será cesado por Francisco Franco.
Temas: castelo de Naraio, visitantes, Ferreira, Pedroso, San Sadurniño (Concello)