Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Na procura da nosa deusa Nabia"

San Sadurniño, 2024

8ª Chanfaina Lab (28). Estrea: venres, 24 de maio do 2024
Guión e dirección: Ignacio Vilar
Produción e son: Diego Troncoso.
Fotografía: Fran da Lobeira
Montaxe e posprodución: Fernando Alfonsín
Deseño do cartaz: Juan Gallego
Sinopse: "Invocamos a protección de Nabia, a nosa Deusa da auga, contra a destrución da Natureza."
Duración: 4:52’’
Gravado nas parroquias de Bardaos, Monte e San Sadurniño dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Ignacio Vilar (Petín, Ourense 1951)
Produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", retornou a Galicia e fundou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión sempre en V.O galega. Entre os seus títulos mais coñecidos como guionista, produtor e director están: "Ilegal" (2002), "Un bosque de música" (2003), "Pradolongo" (2008). "Vilamor" (2012), "Sicixia" (2016), "María Solinha" (2020) e "A esmorga" (2014) que foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (mellor guión adaptado) e a longametraxe máis premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia). Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas.

Ignacio é un competente veterano do cinema galego e xa tiña no maxín un fío do que tirar cando chegou a San Sadurniño: " Nunha viaxe, fai anos a San Sadurniño, no que o Tom Tom perdeume polas corredoiras arrasadas polos tractores da industria dos eucaliptos, con fochancas das que puiden saír polo todoterreo que conducía. Cheguei á Casa do Concello co coche e os parabrisas ateigados de lama. Nunca esquecerei ese día. Como di o meu admirado historiador da arte Ernst Gombrich “toda imaxe remite a outra imaxe”, así pois, na Chanfainalab saimos na procura de caza maior de imaxes, sen ningunha posibilidade de éxito. Íamos incrédulos coa protección da nosa Deusa Nabia.
Pero San Sadurniño é dos santuarios do mundo onde máis caza maior houbo e hai de imaxes fermosas. Gardan alí tesouros para os ollos atentos ao milagre. E apareceunos o mostro de sete cabezas, a máquina infernal coa que non contabamos. Ese mostro infernal levounos a Goya, Rubens, a Munch, a Tiziano, a Gauguin e ao fin a... nosa Deusa Nabia, a Deusa da auga clara, do claro cristal, que estivo connosco durante toda a gravación. Escoitamos, de súpeto, no medio da fermosa música de paxaros, do vento abaneando as árbores e os son das augas do río Xubia, un son que non era deste mundo. Así mesmo levabamos unha arma letal: “Sé como o ruiseñor, que non mira a la tierra desde la rama verde donde canta” (Valle Inclán), e abondosa munición (Gombrich) para a caza maior, con ollos atentos para o milagre; as imaxes lógranse cazar a 24 fotogramas por segundo e de feito non tivemos ningunha dificultade"
.

Poderíamos considerar "A procura da nosa deusa Nabia" como un filme relixioso, porque bebe no panteísmo das súas referencias: "pretendo transmitir o pensamento revolucionario do filósofo do século XVII Spinosa (Deus sive Natureza). Baruch Spinosa, era descendente dunha familia galego/portuguesa que tivo que fuxir a Ámsterdan, perseguidos pola Santa Inquisición. O deus dos cristiáns non existe, está humanizado. As Deusas e Deuses que existen son a Natureza. Todos o que ollamos, tocamos, respiramos son Deusas e Deuses. As árbores que abrazamos, as augas dos ríos que nos bañamos, as fontes que bebemos, os inmensos Océanos que ollamos, o ar que respiramos, as nosas montañas que percorremos…" Ignacio interpela aos espectadores sobre o seu sistema de crenzas e converte esa viaxe mística- relixiosa nunha clara mensaxe identitaria e ambiental. A peza condúcenos do desorde e o caos á calma e harmonía universal. Descubrir recunchos onde a deusa Nabia sigue a estar aí, viva e acolledora, para transportármonos a outro estado de sabedoría, sentindo a conciencia cósmica da natureza. Que a deusa Nabia vos acompañe na viaxe.
Fotografías César Galdo..

  • "Na procura da nosa deusa Nabia"

  • Ignacio Vilar na sesión preparatoria da Chanfainalab

  • Ignacio Vilar na plantación da árbore conmemorativa da Chanfainalab

  • Ignacio plantando un sanguiño

  • Fotolembranza da plantación da árbore conmemorativa

  • A deusa Nabia, protectora de San Sadurniño

  • Ignacio entre Vitucho e X.M Rabón

  • Ignacio no autobús rumbo ao Forgoselo

  • Ignacio Vilar na foto oficial da VIII Chanfainalab

  • Ignacio Vilar na "Eira de cineastas"

  • Público asistente á "Eira de cineastas"

  • Ignacio buscando a protección da Deusa Nabia con Diego e Fran

  • Fran da Lobeira como un auténtico director de fotografía.

  • Ignacio e Fran na procura de Nabia

  • Ignacio Vilar en acción

  • Parece que aí está Nabia.

  • Ignacio na Expo de Jose Gil en Sansa

  • Ignacio e Tono Mejuto en Sansa

  • Ignacio Vilar presentando o concerto homenaxe a José Gil

  • Público na gala da Chanfainalab na casa da Cultura

  • Ignacio Vilar recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Ignacio co resto de cineastas da VIII Chanfainalab

  • Equipa de gravación ao completo: Ignacio, Diego e Fran

  • Ignacio Vilar no Faro de Vigo

  • Ignacio Vilar presenta "Na procura da nosa deusa Nabia"

  • Cartaz de "Na procura da nosa deusa Nabia"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: sons, lendas, naturezas, ríos, visitantes, máquinas, tecnoloxía, vídeos, Chanfaina'Lab, cinema

Autor/a: Ignacio Vilar

Vídeos:
Conversa con Ignacio Vilar
Entrevista con Ignacio Vilar

Compartir en: