Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

“Non teño dono"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (4). Estrea: venres 8 de marzo do 2019.
Dirección:"The sungirls" (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo)
Música orixinal: Carlos Berlanga e Nacho Canut.
Montaxe de son: Iago Fernández Alonso
Sinopse:"Tres, catro, cincuenta, cen mulleres cantando a unha NON TEÑO DONO. Simbolizando o empoderamento das mulleres en xeral, que somos libres, fortes e que non necesitamos a ninguén que mande en nós".
Duración: 4' 28"
Gravada en varias parroquias de San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab



Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga Vigo son tres amigas que teñen en común a paixón pola música e o cinema. Olga e Graciela son primas e naturais de Ferrol. Ambas licenciadas en música e piano, traballan como profesoras de música e audiovisual no mesmo instituto, o IES Trasancos de Narón. Graciela especializouse en música de cámara e dirixe a Coral de Valdoviño; Olga en linguaxe musical e tamén dirixe a Coral Endesa de As Pontes. Mónica Cibreiro é veciña de Santa Mariña do Monte, traballa no Concello de San Sadurniño e tamén desenvolve o seu lado artístico con manualidades diversas e técnicas de decoracións de repostería, afección que a levou a realizar obradoiros para a veciñanza do concello en "Tempos para compartir". No verán de 2017 as tres amigas decidiron crear un grupo de creación audiovisual co obxectivo explícito de "pasar o rato e divertirnos". O grupo denomínase "The sungirls" e o seu lema, «Somos chicas buenas, a veces». O seu primeiro vídeo "El taquillazo" tivo un éxito inesperado nas redes sociais e animounas a seguir nunha aventura creativa, na que pensan continuar "ata que deixe de ser divertida". Na chanfaina 2017 sorprendéronos coa vitalista curta "360º en cores".

Nesta edición as mozas de "The sungirls" apostaron por realizar unha peza máis complexa que requiriu da colaboración de preto de cen mulleres do concello, unha celebración do empoderamento da muller que se gravou en numerosas localizacións de San Sadurniño: "As Sungirls levábamos tempo barallando a idea de cantar algunha canción nun vídeo. A canción de Alaska pareceunos axeitada porque gustábanos moito a idea que transmite a canción "A quén lle importa", e, ademáis nós somos tres mulleres que non temos ningunha vergoña en amosarnos como somos, a canción parecíanos ideal para iso. O motivo de "Non teño dono" reforzaba esa idea de rebeldía das mulleres, que non somos de ninguén máis que de nós mesmas e non nos gusta ter ningún dono na nosa vida. Por iso quixemos facer partícipes a todas aquelas mulleres de San Sadurniño que se viran identificadas con esta idea e , a verdade, é que foron moitas as que se achegaron para gravar e que quixeron participar, dende mozas novas ata mulleres non tan novas e así xurdiu "Non teño dono". A principal dificultade da gravación foi reunirnos, temos os tempos moi ocupados as tres, e custounos ir atopando ocos, ademais de coordinar os nosos horarios coas mulleres que aparecían no vídeo".

“Non teño dono" é un videoclip optimista e luminoso, filmado en distintos lugares do territorio que engloba na súa mensaxe o empoderamento, a liberdade, o respecto e a igualdade. Na súa realización déixase entrever a influencia visual das redes e da linguaxe audiovisual contemporánea: "O principal obxectivo que poderá atopar o espectador visualmente é que quixemos empoderar a todas as mulleres que aquí saen, facer que foran o centro da narración e representar a todos os colectivos, asociacións e mulleres de diferentes parroquias. Pensamos que transmite entusiasmo e ganas de vivir a nosa vida en liberdade". A través dunha montaxe áxil e dinámica podemos ver a moitas das mulleres que participan activamente na dinamización do tecido sociocultural, o Concello ou actividades da biblioteca municipal, o colectivo de ximnasia rítmica e danza Brío, así como as asociacións culturais das sete parroquias, nomeadamente participantes do programa de ximnasia rehabilitadora e memoria activa. Dende a Chanfainalab consideramos máis que pertinente esta achega á conmemoración do 8 de marzo do 2019. Así pois, déixense levar polo movemento, o dinamismo e a forza reivindicativa desta fermosísima -e divertida- viaxe a través das grandes mulleres que viven no Concello de San Sadurniño.
Fotografías de Cesar Galdo, Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo.

  • “Non teño dono"

  • The sungirls na 5º Chanfainalab

  • Graciela Galdo no obradoiro de Carlos Suarez

  • Mónica entre Irene e Lucita

  • Mónica e Simone na prantación do castiñeiro do chanfainalab

  • The sungirls na foto oficial da 5º Chanfainalab

  • Na gravación de “Non teño dono"

  • The sungirls supervisando os planos de “Non teño dono"

  • Mónica Cibreiro na estrea de “Non teño dono"

  • The sungirls na presentación da 5º Chanfainalab

  • The sungirls na premiere mundial da 5º Chanfainalab

  • The sungirls: Mónica Cibreiro, Olga Vigo e Graciela Galdo

  • Imaxe de “Non teño dono"

  • Mónica coa cámara

  • Outra imaxe de "Non teño dono"

  • Localizando para “Non teño dono"

  • As mulleres de “Non teño dono"

  • Mónica, Olga e Graciela gravando a canción

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cancións, castelo de Naraio, creador@s, muller, vídeos, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: The Sungirls

Vídeos:
Taquillazo
Bye Summer
Vivir
360º en cores"

Compartir en: