Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

"Aquilino das Seixas"

Naraío , 2019

6ª Chanfaina'Lab (4). Estrea venres, 13 de marzo do 2020
Dirección, guión e montaxe: Antón Rodríguez Fernández
Son: Artur Pardo Mesías
Gaiteiro: Bruno Casal.
Colaboradores: Secundino García, Ángela Puentes, Juan Grandal, Lisardo López, Sagrario Fraga.
Material fotográfico e audiovisual cedido por Manolo Varela, Ángela Puentes, Berros do Castro, Asociación "O Castelo de Narahío" e Cesar Galdo.
Música cedida polo grupo Berros do Castro.
Sinopse: “Aquilino naceu na Posguerra no lugar das Seixas, Arzúa, e na segunda metade dos anos cincuenta chegou a Naraío para traballar no sector da madeira. Aínda que a súa verdadeira paixón sempre foi a gaita, tocar en numerosas celebracións por toda a redonda. Alboradas, fías, maias, romarías e bailes, servíanlle de escenario para demostrar e gozar do seu espírito musical. A veciñanza de Naraío foi testemuña directa e así o contan nesta obra, na que comparten protagonismo co gaiteiro que transita por algúns lugares da parroquia.”
Duración: 16' 48”
Filmada en Naraío durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.



Antón Rodríguez Fernández, (Ferrol, 1991). Dende ben pequeno compaxinou os seus estudos coa música, tocando o trombón ao longo dunha década. Unindo ramas diversas cultivadas dende pequeno coma a música, o cinema e a literatura, decantouse por estudar Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña coa oportunidade de completar o percorrido académico en Italia e Madrid. Graduouse en 2014 co proxecto Vieiros de Esperanza , documental dedicado a Ricardo Carvalho Calero e premiado como Mellor Traballo de Fin de Grao en galego na Universidade da Coruña. En setembro de 2014 comeza o Máster en Documental e Reportaxe Xornalístico na Universidade Carlos III de Madrid, onde produce e guioniza a curta documental ¡Aúpa, Delibes!, sobre o escritor castelán, ademais de participar en diversas producións audiovisuais de temática variada. Antón traballou en radio, no LAB de innovación da RTVE e en produción de cinema; elaborando simultaneamente proxectos audiovisuais propios e preparándose para optar á docencia do audiovisual nun futuro. Ademais é un apaixonado do cinema do real, da arte, da música e da cultura italiana, sempre coa máxima de non pechar ningunha fiestra pola que poidan entrar raios de inspiración e aprendizaxe.

A partires da propia biografía de Antón podemos intuír as razóns que o levaron a apostar pola historia dun gaiteiro, de feito, achegouse ata San Sadurniño moi interesado pola cultura tradicional no concello e nomeadamente a musical a través do Festival do Río Castro: "polo meu interese no mundo da cultura tradicional, decidinme a crear unha historia que tivese relación con Naraío e o Festival do Río Castro. A figura do gaiteiro anónimo serve de símbolo para honrar a música que se interpretaba polas vilas galegas, sendo a banda sonora de celebracións e acompañamento dos traballos no campo, sempre ao servizo do pobo". O tema foi logo troquelado e aderezado pola imaxinación de Antón, así como pola súa esmerada e moi completa cultura cinematográfica: "As influencias da peza beben do falso documental, da manipulación do discurso audiovisual, de como se pode crear unha historia máis ou menos críbel a partir do discurso popular ou especializado, dunha fotografía, pintura. Na historia do audiovisual existen multitude de exemplos de manipulación e engano, tendo como primeira referencia a adaptación radiofónica da Guerra dos Mundos (1938) por parte de Orson Welles. Pasando por "F for Fake" (1973) do mesmo autor, "This is Spinal Tap" (1984) de Rob Reiner, "Cravan vs Cravan" (2002) de Isaki Lacuesta, "Operación Palace" (2014) de Jordi Évole ou o traballo fotográfico de Joan Fontcuberta."

En "Aquilino das Seixas", Antón constrúe un universo propio a partires do territorio e conformado a partires de voces prestadas das xentes que o habitan. O resultado é unha curta sobria e contida, e sobre todo orixinal, suxerinte e moi elegante. De feito, non existen moitas pezas similares no audiovisual galego que imiten os códigos e convencións do cinema documental nunha obra de ficción: "Recomendo ver a obra con inocencia e deixando voar a imaxinación para recrear unha historia que puido ser certa nun determinado momento histórico no cal había carencias de todo tipo, mais no que a música e o baile tal vez eran pequenas ferramentas para a ledicia." Unha fermosa historia, elaborada dende a mirada propia deste novo cineasta de Ferrol que non só recupera a figura deste “gaiteiro” de hai medio século, senón que, sobre todo, é un canto e unha homenaxe ateigada de amor ás persoas que traballan a prol da recuperación da cultura e da tradición do país.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Aquilino das Seixas"

  • Antón e Artur na 6º Chanfainalab

  • Antón na presentación da 6º chanfainalab

  • Antón na prantación do castiñeiro da 6º chanfainalab

  • Antón Rodríguez na foto oficial da 6º chanfainalab

  • Antón no curso de montaxe de Sandra Sánchez

  • Antón na "Eira de cineastas"

  • Antón Rodríguez Fernández

  • Falando da súa peza "Aupa Delibes"

  • Na procura de Aquilino

  • Gravación de "Aquilino das Seixas"

  • Antón na estrea mundial de "Aquilino das Seixas"

  • Antón cos cineastas da 6º Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cancións, festas e romarías, lendas, música, músicos, Naraío, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Antón Rodríguez Fernández

Vídeos:
¡Aúpa, Delibes!
Vieiros de Esperanza (Trailer)

Compartir en: