Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Centro Recreativo e Cultural de Lamas

Lamas, 1932

O 10 de novembro de 1932, nos tempos da Segunda República, un fato de mozos solicitaba oficialmente a creación dun Centro Cultural en Lamas O centro pretendía organizar actividades de todo tipo coma esta conferencia sobre "La república, la revolución y el papel de los obreros y campesinos" a cargo de Manuel López e anúncianse obras de teatro nos vindeiros días. Teremos novas doutro festival artístico-cultural en decembro de 1935 e doutra conferencia de Manuel López o 1º de maio de 1936.

Composición da Xunta directiva en 1932:
Presidente: o mestre José María Pita Cendán Natural de Valdoviño, nado en 1909, marchou no 1934 destiñado a Mugardos;
Segredario: Albino Canosa Fernández, carpinteiro, natural de Lamas, nado en 1900.
Bibliotecario: Gervasio Galdo Bellas, conductor, natural de Lamas nado en 1905.
Tesoureiro: Belarmino Rodríguez Bouza; carpinteiro natural de Lamas e nado en 1900.
Contador: Felix Amado Ferreira. Natural de Cedeira, mais residente en Lamas, estudante nado en 1915.
Vocais: Germán Casal Rivera. Natural de Lamas, mecánico, nado en 1909.
Pastor Dopico Yañez. Labrego. Natural de Lamas, nado en 1904,
Eugenio García Montero. Labrego. Natural de Lamas, nado en 1903
O local social estaba situado provisoriamente no salón propiedade da viuva Tomasa Bouza no Chao de Lamas. Cada socio pagaba unha peseta mensual.

En Marzo de 1934 a Sociedade cambia de sede e trasládase a Rivoira á gran casa propiedade de Severino Gacía Ramil. A composición da Xunta directiva era a seguinte
Presidente: José Tuimil Cobelo;
Segredario: José Muiño Rivera
Tesoreiro: José Gómez
Bibliotecario: Manuel Tuimil
Contador: José Casal Castro
Vocais: Ricardo Soto Rivera, Gerardo Nieto López, Santiago Sedes Rivera,

O presidente en 1935 era Santiago Sedes Rivera e no 1936 Antonio Bouza Rivera
Coa sublevación fascista do 18 de xullo de 1936 a Sociedade foi incautada pola Garda Civil. Foron requisados: un armario e librería, 5 mesas e 0’50 ptas. Algúns membros da xunta directiva foron multados polas autoridades franquistas.
Nese mesmo edificio comezou a funcionar o Teleclube de Lamas no 1969.
Descarga os seus Estatutos.

  • Centro Recreativo e Cultural de Lamas

  • Xunta Centro Recreativo de Lamas 1932

  • Velada 1935

  • Celebración do 1º de maio de 1936 en Lamas

  • Xunta directiva, 1935

load

Documentos:

Estatutos do Centro Recreativo de Lamas (1932)
Solicitude de creación do Centro cultural e recreativo de Lamas(1932)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, Lamas, asociacións históricas, teatro

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: