Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

150 anos do Concello

San Sadurniño, 1863

Por qué se instalou o Concello de San Sadurniño no Convento do Rosario hai 150 anos?.
En 1857 promulgábase a primeira Lei de Instrución Pública da Historia de España, a denominada Lei Moyano en vigor ate 1970. Daquela, España era un dos países co maior índice de analfabetismo de Europa; o goberno moderado “adapta” o proxecto progresista de ensino público e gratuíto de 1855 e "obriga" a abrir escolas para nenos e nenas de 6 a 9 anos en todos os municipios de España. Sen embargo, a Lei Moyano facía recaer nos orzamentos dos concellos o financiamento de instalacións educativas dignas, vivendas para os mestres, así como o seu mantemento, o que dificultará en gran medida a súa aplicación nos concellos pequenos como San Sadurniño. Aquí podes ver un exemplo.
Foi o 3 de xuño de 1863 cando a corporación municipal presidida polo alcalde Justo Álvarez Sierra vese na obriga legal de aplicar a Lei en San Sadurniño e buscarlle digno acomodo aos novos mestres, Tomás Mariño e María Áurea Mariño López, de cara o seguinte curso académico. Unha comisión formada por catro concelleiros tentará inutilmente topar cun local axeitado en San Sadurniño; tras de rebuscar por toda a parroquia, conclúe no seu informe: “que ni uno solo (edificio) halló que reúna las condiciones más indispensables y por consiguiente tuvo que fijarse en el ex-convento de Dominicos, cuya capacidad ofrece, en gran escala, suficiente espacio no solo para excelentes salas de enseñanza y habitación de los maestros, sino también para la casa Consistorial”. Xa en 1848 un informe do alcalde Juan Pillo adiantaba esa posibilidade, aínda que nunca se fixera nada para convertela en realidade.
Porque, aplicado o Real Decreto de 25 de xullo de 1835, que suprimía os mosteiros e conventos que no tivesen doce individuos profesos, había xa 27 anos que o mosteiro pasara a ser de propiedade pública, mais o concello tivera o pouco tino de manifestar que “o edificio non tiña ningunha utilidade”, e de feito tentou poñer en venta o antigo convento, aínda que sen éxito algún. Por motivos relixiosos, o edificio adicouse por enteiro a casa reitoral, mentres pagábanse alugueres polas escolas e as oficinas do concello.
O párroco de Santa María de San Sadurniño daquela, Manuel Moreira, aceptou de bo grado a petición municipal e ofertou espazos do xa deteriorado edificio conventual para sede do Concello, escolas e vivendas de mestres: “el edificio que desde la escalera principal sube al claustro hasta la sacristía en el bajo; y en el alto hasta la pieza que fue depósito”, ademais dalgúns arranxos menores. Na sesión municipal celebrada o 17 de xuño de 1863 aceptábase a proposta do párroco. O “ingeniero de caminos y canales José Portela, que está construyendo la carretera” será o encargado do proxecto técnico "no seu tempo libre". Ao fin, o Bispo de Mondoñedo en oficio de 13 de outubro de 1863 aproba o proxecto definitivo da cesión.
Así foi cómo o Concello de San Sadurniño disporá dunha sede digna durante os seguintes 150 anos, xusto ata o 23 de xuño do 2014, no que se trasladou para o Pazo da Marquesa.
Baixa os documentos completos extraídos do Pumariño. Novembro-Nadal 1978

  • 150 anos do Concello

  • Praza do Concello

  • Nenos na praza do concello

  • Mais nenos na praza do concelo

  • Praza do concello nos anos 70

  • Praza do concello no 2013

  • Arquivo municipal: 150 anos de historia

  • Pazo da marquesa: Nova sede do concello (23/6/2014)

  • O arquivo municipal garda documentos do 1800

  • O embalaxe...

  • A mudanza...

  • Os despachos quedan baleiros

  • O arquivo baleiro

load

Documentos:

Os comezos do Concello de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, escola, patrimonios, San Sadurniño (Concello)

Vídeos:
A lei Moyano chega á aldea

Compartir en: