Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

San Sadurniño e a Guerra de Granada

San Sadurniño, 1488

Arredor de 1482 a política unificadora do Reis Católicos levou aos Reinos de Castela e Aragón á Guerra de Granada; mais precisaban urxente financiamento para soster unha custosa guerra de conquista que tiña exhaustas as arcas dos reinos. Burgueses, comerciantes e Señores, tiveron que pagar impostos especiais. Entre os grupos sociais que contribuíron poderosamente ao esforzo bélico, a Igrexa ocupou un papel fundamental pois consideraba esa guerra como una “cruzada” para exterminar ao reino nazarí de Boabdil. En 1488 unha provisión do bispo de Mondoñedo sinalaba os marabedís que pagaron todas e cada unha das parroquias da diócese, mediante un "subsidio ou décima" sobre alugeres e terras de propiedade eclesiástica para subvencionar a Isabel e Fernando“pola súa defensa da fe”. Obviamente as rendas eran extraídas dos sufridos labregos e labregas que traballaban as terras da Igrexa mindoniense. Coma sempre, “os de abaixo” son os que pagan os excesos dos de “arriba”. O documento serve para coñecer as parroquias do concello de San Sadurniño nesa data e a súa participación aproximada na Guerra de Granada, aínda que tamén algúns cabaleiros de Trasancos desprazáronse ao Sur de España para pelexar contra dos “mouros”, entre eles Diego de Andrade e Fernando de Andrade.
A considerar que nesa altura, a Igrexa de San Sadurniño aínda conservaba a denominación de Santa Olalla. Podes descargar o documento íntegro da Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo.

Arciprestazgo de Trasancos
Santa Maria de Igresafeita; 1 500 marabedís
Santa Marina do Monte: 1 500 marabedís
Santa Olalla de San Sadornino: 4 000 marabedís
Santa Maria de Naraío: 4 000 marabedís

Arciprestazgo de Cedeira
San Paio de Ferreira: 6 000 marabedís
San Xiao de Lamas: 6 000 marabedís

Mosteiros
Mosteiro e priorazgo de Pedroso: 6 000 marabedís
Priorazgo de San Martiño de Xubia: 10 000 marabedís

Na ilustración: La rendición de Granada", cadro de Francisco Pradilla pintado no 1881


San Sadurniño e a Guerra de Granada

Documentos:

Subsidios da diócese de Mondoñedo para a Guerra de Granada

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Igrexafeita, Naraío, Santa Mariña do Monte, San Sadurniño (parroquia), Lamas, Ferreira, igrexas parroquiais

Compartir en: