Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Manuel Azcona Cobo, alcalde

Agra de abaixo, San Sadurniño, 1839

Alcalde de San Sadurniño (1838-1839)
Manuel Azcona Cobo naceu en Vega del Pas (Cantabria) en 1809 sendo fillo de Santiago Azcona e Josefa Cobo. Descoñecemos os primeiros pasos de Manuel polas terras de Santander, mais casou con outra "pasiega", Antonia Oria. Tamén ignoramos cómo puido chegar un cántabro a comezos do século XIX a San Sadurniño; probablemente adicábase ao comercio co viño e nunha das súas viaxes recalou no campo da feira.
Temos novas do seu asentamento en San Sadurniño arredor de 1836 -con 27 anos- onde rexentaba unha taberna en Agra de Abaixo, probablemente alugada ao Marqués. Tamén coñecemos a súa excelente caligrafía, polo que pode deducirse que tivo unha certa educación para a época. O caso é que Manuel Azcona decidiu vivir en San Sadurniño, onde terá sete fillos: Josefa (casada en Monte); Ramona (1834-1892),-casada con Antonio Couce Díaz, fillo do rico propietario Pedro Couce en Saavanda-; Santiago (en paradoiro descoñecido); Serafina, (casada co comerciante de Agra, Pedro Gil); Ramón, Vicenta e Andrés Azcona Oria.
A primeira nova referida a Manuel Azcona aparece a comezos de 1838 nunha reprimenda que lle bota o concello presidido por Miguel Bastida por vender "demasiado vino que resulta perjudicial para el público", ameazando cunha multa en caso de reincidencia.
En decembro de 1838 foi elixido como terceiro alcalde polos concelleiros electos substituíndo a Antonio Sisto. Os concelleiros da corporación municipal serán: Manuel González, 1º tt alcalde (Lamas); Juan Pillo (SS); Domingo Antonio Durán (Ferreira); Francisco Seijas (Igrexafeita); Andrés Pereyro; Tomás Piñón (Lamas); Juan Pérez; Andrés Castro, síndico (Ferreira).

A economía do novo estado liberal da Rexencia de María Cristina está en números roxos a causa das Guerras de independencia das colonias españolas, mais nomeadamente por mor dos seis anos de sanguenta Guerra Carlista que abrangue especialmente ao Norte de España. Xustamente no verán de 1839 producíase o chamado "Abrazo de Vergara" que puña fin a guerra fraticida. A Tesourería real está exhausta polo que os impostos do estado sobre os sufridos cidadáns non deixarán de medrar: imposto extraordinario de "contribución de guerra"; "paja y utensilios"; "vinos e augardentes", dezmos da igrexa.. etc. Os apremios gubernativos chegan un tras outro e deseguida o alcalde Manuel Azcona terá que lidiar có problema fundamental do Concello: a penuria económica e a dificultade de recadación dos impostos nun municipio tan grande e disperso.“No se cuenta con la mínima cantidad para atender a los gastos de este ayuntamiento. No hay un medio o arbritrio que no redunde en perjuicio de estos ciudadanos”.
O día 5 de xaneiro de 1840 Manuel Azcona deixa o bastón da alcaldía a José Santamaría, o administrador dos intereses do marquesado de San Sadurniño.
Mais tres anos despois, en xaneiro de 1843 o concello presidido por Pedro Vigo despide fulminantemente ao Secretario municipal José Ramón Brandariz. No seu lugar entrará Manuel Azcona como flamante secretario municipal, "por ser el único en el que podemos depositar nuestra confianza", cargo que desenvolverá durante 17 anos, sendo subtituido en maio de 1860 por Justo María López. Mais Manuel Azcona seguirá vencellado á actividade pública como xuíz de paz de San Sadurniño ata o seu falecemento o 21 de febreiro de 1872 aos 63 anos de idade.

  • Manuel Azcona Cobo, alcalde

  • Sinaturas da Corporación de Manuel Azcona (1839)

load

Comentarios

Carmen Escrigas

2016-07-29 01:08:57

Unha antepasada miña chamada Juana Azcona Cobo era irmá de Manuel Azcona Cobo. Teño constancia polos padróns de eses anos e por un documento da Real Cancillería de Valladolid, que Josefa Cobo a nai de Manuel en 1824 pertenecia ao comerzo de Oviedo e traficaba con viño. Probablemente a partires de esas datas se trasladó a Ferro onde tiña en 1830 una taberna na rúa Magdalena 118 ata 1835, ano no que traslada a taberna a rúa Arce 7 de Ferrol. A partires de dita data non teño atopado nada dela. A súa filla Juana, a miña antepasada casou con outro comerciante de viños chamado Manuel Cruz que tiña o seu negocio na rúa San Eugenio. Polo tanto é máis que probable que Manuel chegara a San Sadurniño desde Ferrol onde vivía a súa nai e irmá. Gracias a vosa páxina atopei ditos datos que busquei en padróns e documentos varios así que moitas gracias e si necesitan algo de mi xa teñen o meu correo electrónico.

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, outros lugares, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), visitantes, xente

Compartir en: