TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Ferrreira, 2018
Aprende con Cruz a facer un remedio natural para curar a tos, tal e como o facía a súa nai. Xarope ou jarabe de chumbeira.
Temas: Ferreira, Horta de Cruz, Internet, muller, tecnoloxía, traballos, vídeos
Autor/a: Cruz Piñón Pereira