Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

X Chanfaina Lab

San Sadurniño, 2025

Durante a fin de semana do 5 ao 7 de setembro do 2025 reviviremos a marabillosa experiencia emocional da Chanfaina Lab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: @s participantes teñen que gravar na fin de semana unha película cunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
A iniciativa acadou o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes máis pobres quedábanse na cociña das labregas, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.

Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: os mozos e mozas Anxo Pena, Iago Lourido, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “NaraíoMedia”, os veteranos veciños e veciñas de "A Rigueira" e “Teño unha horta”. Completa a listaxe "local" un grupo de cineastas, que achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran da Lobeira, Leandro Lamas, Roberto Grandal, Abel Vega e “The Sungirls” entre outros.
Entre as persoas cineastas foráneas, nesta edición participan novas promesas do audiovisual galego da Facultade de Belas Artes como Rocío Campoy e Gala Rodríguez. Profesionais de longa traxectoria como Carlos Amil, Milagros Bará, Quique Otero e Pablo Fontenla. Novos cineastas de estilos narrativos propios como Area Erina, Brandán Cerviño, Irene Pin, Álvaro Núñez ou Gon Caride
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diversas, engadindo matices e unha gran pluralidade ano tras ano ás 215 pezas producidas na nosa historia. As persoas interesadas poden descargar aquí o catálogo para consultar información actualizada de cada participante e actividades.
Todos os carteis da Chanfainalab desde a 1º edición inspíranse en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. O cartel deste ano -deseñado polo grandísimo artista gráfico Leandro Lamas tomou como referencia o Pico de Ferreira e á súa relevancia como enclave emblemático patrimonial e paisaxístico da contorna de San Sadurniño. Aquí podes consultar a súa historia. Un monumento natural que, ademais, é fronteira do Xeoparque do Cabo Ortegal, outro dos recursos que a Chanfainalab pretende promocionar.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Previamente desenvólvense os obradoiros
21-23 agosto: "Interpretación". Kevin Lorenzo
20-23 agosto:"Dirección de fotografía" Iago Lourido.

VENRES 5 SETEMBRO
 11:00h a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS. Casa da Cultura de San Sadurniño.
 12:30h BENVIDA DO ALCALDE. Casa do Concello de San Sadurniño.
 13:00h AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA X CHANFAINA LAB. Finca A Cortiña.
 16:00h SAÍDA AUTOBÚS para traslado de cineastas ao Pico de Ferreira . Mesón A Granxa.
 16:30h VISITA E FOTO OFICIAL. Visita ao Pico Ferreira guiada polo xeólogo Francisco Canosa. Homenaxe musical ao Pico a cargo de Roberto Grandal.
 20:00h PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”. Casa da Cultura. (Entrada libre).
 23:45h CONCERTO da banda "Nebra" co seu primeiro disco “Sereas”. Café-Bar DZINE (entrada libre).

SÁBADO 6 SETEMBRO
 10:00h ENCONTRO E GRAVACIÓNS de cineastas.
 17:00h PRESENTACIÓN DO LIBRO “O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas” de Manolo González. Edicións Embora (2025). Colabora Libraría Brétema. Local social de Lamas.
 19:30h. PROXECCIÓN DO FILME “Antes de Nós” de Ángeles Huerta, (2025), con debate a cargo de Manolo Rei Romeu, escritor e crítico literario e Pepe Coira, guionista. Casa da Cultura (entrada libre).

DOMINGO 7 SETEMBRO
 10.00h ENCONTRO E GRAVACIÓNS de cineastas.

DO 6 AO 30 DE SETEMBRO
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA sobre as anteriores edicións do Chanfainalab. Casa da Cultura.

O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e patrocinado pola Deputación da Coruña.
Coa colaboración e apoio de:
- Aula Cemit.
- Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Santa Mariña do Monte .
- Asociación Veciñal Xuntanza de Lamas .
- Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego .
- Asociacion Veciñal o Castelo de Narahío
.- Asociación Cultural e Deportiva Cofradía de San Pipote.
-. Libraría Brétema.
- Café Bar Átrium.
- Mesón A Granxa.
- Café-Bar DZINE .
- Café Bar Calvo.
- Coordinadora Galega de Festivais de Cinema PROXECTA .
- (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña.
- Mostra Mares da Fin do Mundo de Ribeira

Podes acceder a toda a información a través desta web e das nosas redes sociais:
- Facebook da Chanfainalab
- Instagran da Chanfainalab
- Bluesky da Chanfainalab
- Facebook do Concello de San Sadurniño
- Twitter do Concello de San Sadurniño
- Web do Concello de San Sadurniño

Falan de nós:
San Sadurniño prepárase para décima edición do Chanfaina lab Concello
San Sadurniño quenta motores para outro Chanfaina Lab.LVG
San Sadurniño prepara la décima edición del Chafaina LabFerrol360
O Chanfaina lab empeza a moverse cos obradoiros técnicos que ofrecen esta semana Iago Lourido e Kevin Lorenzo Concello

  • X Chanfaina Lab

  • Programa da X Chanfainalab

  • Obradoiros X Chanfainalab

load

Documentos:

Catálogo da X Chanfaina lab
Programa de "Eira de cineastas"

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, eventos, Ferreira, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes

Compartir en: