En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
O casal, San Sadurniño, 1987
Dentro do programa de festas de Santa Isabel, o 5 de xullo de 1987 celebrouse unha carreira ciclista polas parroquias do concello: A 1º "Volta ciclista a San Sadurniño". O gañador foi Juan A.Rodriguez do clube ciclista Pescanova.
Segundo Juan Martínez Rey, celebráronse oito edicións ata 1994. A proba foi collendo pulo ata acadar a categoría de"nacional fronteiriza" en 1992
Ista foi a reportaxe realizada por Emilio Janeiro López coa súa cámara doméstica. Nela podemos apreciar a evolución de San Sadurniño nestes últimos 27 anos.
Mais historias das festas de Santa Isabel
2014-06-17 15:56:26
Me alegra ver este vídeo, fue la 1ª Vuelta al Concello de San Sadurniño, se celebraron 8 ediciones, desde 1987 hasta 1994. Un saludo y gracias por difundir este vídeo.
Temas: deporte, festas e romarías, San Sadurniño (Concello), vídeos, Santa Isabel
Autor/a: Emilio Janeiro López