O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
Riboira, Lamas, 1936
Unha semana antes de que comezara a Guerra Civil, nenos e nenas da escola de Lamas visitaron as instalacións do xornal "La Voz de Galicia", así como varios lugares de Coruña, entre eles os xardíns Méndez Núñez ou a torre de Hércules. Con eles foron os mestres de Lamas, o socialista Manuel Pena Sayáns e Carmen Fajardo co seu marido e futuro alcalde (1941-1944), Emilio Morandeira.
Na portada aparece a fotografía publicada na Voz o 10 de xullo de 1936. Pouco figuraban estes felices nenos e nenas os malos días que estaban a piques de chegar.
Graciñas a Juan Sobrino pola información