En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia
A Veiga, Naraío, 1974
A Unión Deportiva e Cultural Narahío naceu oficialmente coa adquisición do campo de fútbol o 7 de maio de 1974. Nun primeiro intre denominouse "Ladra López" (en referencia ao seu promotor inicial) e posteriormente "A Veiga", que continúa sendo a denominación actual. A primeira Xunta Directiva foi: Presidente: Manuel Soto Álvarez; Vicepresidente: José Mª. Ladra López; Secretario: Manuel López Galdo; Vicesecretario: Olegario Carballo Dopico; Tesoreiro: Francisco García Álvarez; Vocais: Pablo Pico Piñeiro, Florentino Pita Casal, Manuel García Seijas e Jesús Puentes Pereira.
Hoxe a UDC Narahío é unha entidade consolidada que realiza actividades de todo tipo e mantén o equipo de fútbol na Segunda Autonómica de Ferrolterra. Podes descargar aquí a revista -editada co gallo da celebración do 40 aniversario- con abondosa información e material gráfico deste pequeno gran equipo que leva o nome da parroquia polo mundo adiante.
Xesús Soto, actual presidente da U.D.C. Narahío, fálanos da historia e obxectivos desta veterana entidade.
Temas: asociacións actuais, deporte, fútbol , lecer, Naraío
Autor/a: Xesús Soto Vivero
Fotógrafo/a: César Galdo