Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

"Unha pequena curta sobre Prospes"

Prospes, 2025

9ª Chanfaina Lab (6). Estrea: venres 21 de marzo do 2025
Guión e dirección: Pablo Martínez
Duración: 6' 17"
Sinopse: " Botamos a vista atrás para rememorar os inicios de Leite Bohal, e da Granxa Romero. A través da voz de dous dos catro irmáns pertencentes a saga Romero Castrillón, podemos achegarnos aos tempos nos que se mercou a finca de Prospes, unha época na que "o leite era negro"
Gravado en Prospes, na parroquia de San Sadurniño, dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Pablo Martínez (San Sadurniño, 2004), sempre foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a teima verdadeira da súa adolescencia foi a animación, desenvolvendo unha grande afección pola creación artística. Foi o participante máis novo da Chanfainalab no 2016 cando tiña 13 anos con "O meu traxecto ao cole"; dende aquela participou en todas as edicións.
Na Chanfaina 2017 realizou o moi meritorio "Namorándose de San Sadurniño", seguido de “Conectado” (2018), "Xoel e Sancho Yoda" (2019), "Non fixen curta para a Chanfaina"(2022) e "A miña cor preferida é o verde" no 2024 . Alén diso, actualmente estuda terceiro de Belas Artes, explorando novas formas de abordar a videocreación e o cinema, e argallando en todo o que poida e mantendo interese por todos e cada un dos medios actuais de expresión artística. Segue a procurar formas e xeitos de innovarse ou expresar facetas distintas de si mesmo en varias contas de Instagram como por exemplo "Pananoias e movidas raras".

Pablo xa nos ten acostumados as voltas e reviravoltas a que somete calquera das ideas que agroman no fervello inesgotable do seu maxín: "Comecei a deseñar esta peza como un desafogo e unha liberación, algo para recuperar a calma. Inicialmente, gravei varios vídeos cantando na natureza cos que ía traballar a modo de xardín mental. Isto non puido facerse por erros técnicos, así que enfoquei a liberación doutro xeito. Acababa de mercar unha cámara nova, e as semanas en Pontevedra queimaban, así que aproveitaba os findes de semana para estar coa miña familia e gravar as miñas vacas, a modo de descanso e de familiarización coa nova ferramenta. Conscientemente non era un acto de liberación, pero si que sentíame mellor a cada finde pasado. Cando quedaba un mes para a entrega das curtas, entendín que eses vídeos formaban parte da memoria da miña familia; eran o xeito que atopaba de descansar a conciencia. Polo que elaborei unha estrutura para o meu repertorio de vídeo vacún. Unha peza na que se falase do que trouxo ás vacas en primeiro lugar á Granxa. Falando coa miña familia e vendo o que se publicara na web de "Fálame de San sadurniño" pareceume unha idea interesante xerar un pequeno docu de memoria e lembranza, pois a estas alturas teño a miña vida algo afastado deles. Haberíame gustado ter chegado a idea antes e facer unha investigación máis profunda, e sobre todo, conseguir a voz da cuarta dos catro irmáns, que tampouco está connosco"

"Unha pequena curta sobre Prospes" xoga coa memoria familiar a partires de fotografías e documentos sonoros para recompoñer a súa propia identidade como un artista que indaga nas súas raíces familiares a través dun documental: "Esta curta podería encadrala dentro do vídeo ensaio, como unha peza do "eu"; non ten aspiracións documentais, pois esa parte do traballo está feita por outras persoas na Web de Fálame. Pero si funciona como un mergullo na miña memoria, e na memoria dos que me acompañan. Realmente gustaríame que a xente que vexa a peza bote a vista atrás, e rescate as memorias de todas esas cousas que se dan por asumidas e coñecidas". Pablo muda aquí os rexistros estilísticos e narrativos aos que nos ten acostumados para render un sentido tributo a súa familia e os seus devanceiros.
Fotografías de César Galdo.

  • "Unha pequena curta sobre Prospes"

  • Pablo Martínez na 9ª Chanfainalab

  • Pablo recollendo a Lola da 9ª edición

  • Pablo entre os participantes da 9ª Chanfainalab

  • Bocixa, Monika e Pablo no esceario da gala da 9ª Chanfainalab

  • Pablo entre o público da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, creador@s, emprendedor@s, empresas agrogandeiras, familias, gandeiría, San Sadurniño (parroquia), vídeos, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: Pablo Martínez Romero

Compartir en: