Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

"Un ninguén máis"

Naraío, 2019

6ª Chanfaina Lab (23). Estrea: luns 6 de abril do 2020
Guión, dirección e montaxe: Ángela Arnosa
Actor: Kevin Lorenzo
Reparto: Elsa López, Noelia Rañal, Laura Fojo, Catalina Rodríguez, Pablo Martínez, Mariana Piñón, Alejandro Vizoso, Bieito Beceiro, Ana B Gudín, Martín Prieto, Álvaro Barros, Cruz Piñón, Rubén Mosquera, Celina Romero.
Banda sonora: "Cuando me muera" de FLG versionada en galego por Kevin Lorenzo
Estudos de gravación: Flow music por Smoke it
Sinopse:"A peza retrata o sentimento de monotonía e de falla de perspectivas dun mozo dentro da sociedade actual. A repetición das actividades cotiás intercálanse ca súa teima pola fotografía."
Duración: 6´.46"
Gravada en Saldoiro (Naraío) e Dzine dentro do programa da 6ª Chanfainalab. O video voltarà a verse cando remate o seu periplo por festivais


Ángela Arnosa (Naraío, 1996) rematou o Grao en Química na Universidade da Coruña. Actualmente está a facer o Doutorado en "Ciencia de materiais" na USC. De sempre amosou unha gran teima pola divulgación científica, mais tamén pola escrita de poemas ou relatos. De feito no 2019 obtivo o 2º premio no II Concurso de Microrrelatos, organizado por la Real Academia Galega (RAG). Mais Ángela participou tamén activamente como espectadora e animadora de obras do audiovisual galego durante os últimos anos. Nomeadamente no mundo da interpretación, desenvolvendo pequenos papeis en curtas e series web como "Antolepsia", en filmes producidos no marco da Chanfaina como "Sibila" de Carla Andrade ou "Breixo" de Kevin Lorenzo&Javier Seoane. Todas esas inquedanzas culturais e artísticas foron o detonante de que Ángela se puxera doutro lado da cámara e debutar, ao fin, como cineasta con voz propia. Así, na pasada edición presentou a moi estimulante primeira curta “Síntese”, que se pode ver en Fálame de San Sadurniño..

Có bagaxe da experiencia da edición pasada, Ángela colaborou xenerosamente en pezas doutro compañeiros de Chanfaina como "La casa soñada" de Eloy Arnosa ou "Trae" de Fran Bermúdez. Mais desta volta tiña claro que quería elaborar unha curta máis complexa, en todos os aspectos, que a súa opera prima da edición anterior: "A miña intención inicial era facer unha peza que tivese certa relación coa imaxe do cartel do Chanfaina Lab, no que se ve unha foto dunhas rapazas doutra época. Así pois, comecei coa idea de que un fotógrafo sacase a foto a unhas rapazas do mesmo xeito que no cartel e construír unha historia a partir disto. Digamos que o concepto non funcionou, mais decidín que o protagonista do filme sería un fotógrafo. A partir diso, comezaron a xurdir na miña mente diferentes ideas que se complementaban e que pasarían a evolucionar nalgunhas das escenas máis complexas a nivel técnico. É o caso dos constantes cambios de escenario que suceden ás costas do protagonista, tras fotografar a un artista nun concerto, e que, xunto coa música, transmiten esa monotonía na vida do rapaz. Foi todo un luxo poder contar cunha banda sonora adaptada exclusivamente para a curta. O tema "Cuando me muera", de FLG, transmitía perfectamente a sensación do protagonista de ser unha persoa calquera que pasa por este mundo sen deixar pegada, sen encaixar co presente que está vivindo. FLG deume vía libre para facer a versión en galego da canción, que interpretaría o mesmo Kevin Lorenzo, e ofreceunos gravar no estudo Flow Music coa inestimable axuda de SMOKE IT. Fun confeccionando as diferentes escenas que vertebran a curta a partir de planos que, dun xeito ou doutro, quería empregar. Coloquei a cada unha, unha especie de título que a identifica e que xoga con dobres sentidos. Mais todos eles contan coas palabras “Acontecemento irrelevante”, xa que non son máis ca fragmentos da vida cotiá e que se repiten ao longo dos días que con tanto aburrimento e fastío se suceden na vida do protagonista. Non podo esquecerme de dar as grazas a Nacho Delgado, pois tiven a inmensa sorte de que me deixase o material necesario para desenvolver este proxecto. Grazas"

"Un ninguén máis" xira sobre a sensación invencible de monotonía e falla de perspectivas dun mozo na sociedade contemporánea; mais a nova cineasta evoluciona notablemente en canto a narración e elaboración visual, cunha peza moi meditada, luminosa, complexa na súa estrutura e tamén nas mensaxes que transmite: "Eu son de natureza positiva e optimista, mais hai días que te levantas cruzada, nos que sentes que non vas a ningunha parte; nos que pensas si estarás facendo o correcto entre o mogollón de tarefas ás veces inútiles que desenvolves. De xeito que ninguén busque unha historia tradicional, con prantexamento, nudo e desenlace; só pretendo rexistrar con imaxes esta idea que máis o menos todos podemos sentir algunha vez." Xa apuntabamos na edición pasada que o debut da cineasta de Naraío exploraba camiños dun cinema reflexivo, dun cine con alma, cargado de connotación e sentido; "Un ninguén máis" confirma que Ángela Arnosa posúe unha mirada propia e persoal da que agardamos sorprendentes entregas en futuras edicións da Chanfainalab.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Un ninguén máis"

  • Ángela Arnosa na 6º Chanfainalab

  • Ángela na sesión preparatoria no Salón de plenos

  • Ángela na prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Mocerío de Sansa audiovisual: Naraío Media, Irene, Eloy e Ángela

  • Ángela na foto oficial da 6ª Chanfainalab

  • Lina, Fran e Ángela en "Trae¡"

  • Gravación de "Un ninguén máis"

  • Eloy e Kevin en Naraío

  • Cartaz de "Un ninguén máis"

  • Ángela, Fran e Ana Gudin nun descanso da Chanfainalab

  • Gravando a canción de "Un ninguén máis"

  • Kevin e o Croma

  • Equipo de rodaxe de "Un ninguén máis"

  • Equipo da secuencia en DZine de "Un ninguén máis"

  • Ángela no xantar da Chanfainalab

  • Ángela, Kevin e Eloy entrando na Casa de Cultura

  • Ángela, Kevin e Eloy na estrea da 6º Chanfainalab

  • Ángela, Kevin e Eloy no fotocall da 6ª chanfainalab

  • Ángela c@s cineastas da 6ª Chanfainalab

  • Ángela Arnosa na estrea mundial de "Un ninguén máis"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: cancións, creador@s, música, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Angela Arnosa

Vídeos:
"Síntese"

Compartir en: