Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Trunfo republicano en San Sadurniño

San Sadurniño, 1931

Como no resto de España, o 12 de abril de 1931 celebráronse eleccións municipais en San Sadurniño. O resultado das eleccións foi o trunfo dos candidatos republicanos moderados da Federación Republicana Gallega, próximos á ideoloxía do republicanismo conservador de Leandro Pita Romero. Prácticamente a totalidade da nova corporación municipal formaba parte da Asociación labrega “La Moralizadora”.
O concello republicano quedou constituído o día 22 de abril:
Alcalde: Vicente Castro Naveiras (Ferreira);
José García López. (Igrexafeita, 1º tenente alcalde); Ángel Sisto Rivera. (Lamas, 2º tenente alcalde). Morre o 18/3/1935; Angel Carregado Felgar. (Naraio, Alcalde síndico); Marcelino Campos Hermida. (Ferreira, Interventor municipal). Morre en setembro de 1932 por un accidente de coche; Vicente Rodríguez Canosa (Bardaos); José Bastida López (San Sadurniño), neto do primeiro alcalde do Concello; José Salgado Salgado (Igrexafeita); Antonio Seijas Goti (Igrexafeita). Morre en marzo de 1933; José Castro Rodríguez (Lamas); Ramón Acción Sardina (Naraío); Manuel Dopico Díaz (San Sadurniño).Dimite en 1934 "por razóns de idade"; Benigno Ferreira Felgar (Monte) e José Fernández López (Monte).

Tamén durante a Segunda República, San Sadurniño seguirá a ser a “Vila da tranquilidade” agás algún "incidente aillado" ou un crime mediático. Non se teñen novas de conflitos ou problemas coa Igrexa, agás algúnha pequena liorta coa Marquesa de San Sadurniño e mesmo na franquista Causa General de 1941 recoñécese que non houbo ningún tipo de incidente durante os seis anos republicanos.
O concello decide participar na Asemblea de Municipios Galegos os días 17,18,19 de decembro de 1932 para a aprobación do Borrador do Estatuto de Autonomía de Galicia. O secretario municipal Juan Rilo será o representante do concello no evento.
Mais na medida que o "xefe político" Pita Romero evolucionaba cara a dereita, tamén mudaba a corporación municipal. O talante conservador do alcalde Vicente Castro Naveiras vixiaba que non entrasen novas ideas no concello, como proba a polémica que tivo cos socialistas en abril de 1933 ao mandar á Garda Civil perseguir a quen falase mal do alcalde ou dos concelleiros (ver doc); o apoio ao goberno de Lerroux tras dos sucesos do 34 (doc 2); ou a homenaxe unánime da corporación ao xa ministro, Leandro Pita Romero como “paisano y benefactor de este municipio" (18-12-1933).
A derradeira sesión da corporación republicana será o 6 de xullo de 1936. Vinte días despois, a Garda civil cesaba aos concellais, nomeaba a Pelayo Casal Novo como alcalde e comezaba a Guerra Civil, mais non se tomaron represalias contra os membros desta corporación republicana. Pasarán 48 anos -en 1979- ata que se volvan a celebrar novas eleccións municipais democráticas. Mais información en Vicente Castro Naveiras
Na ilustración, Acta dos resultados das eleccións do 14 de abril de 1931 en San Sadurniño.

  • Trunfo republicano en San Sadurniño

  • Sinaturas dos concelleiros republicanos

  • Composición concello de San Sadurniño 1936

  • Marcelino Campos Hermida morre en Ferrol quince días despois deste accidente (3/9/1932)

load

Documentos:

Doazóns do Concello de San Sadurniño tras dos sucesos de 1934
O alcalde republicano e os socialistas (1933)
Solicitude de novas escolas (1933)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: guerra, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: