O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1922
Na década de 1920 a Deputación provincial estaba a promover a modernización da gandeiría e as explotacións agrarias mediante un cobizoso programa de iniciativas de todo tipo como cursos, publicacións e charlas divulgativas sobre hixiene pecuaria e atención ao gando. En San Sadurniño impartiron conferencias o eminente veterinario Rof Codina e tamén o inspector municipal de sanidade pecuaria, Antonio Castillo. Nese contexto, a celebración dunha tourada nas festas de Santa Isabel de 1922 trouxo a polémica á "vila da tranquilidade".
O aviso da tourada publicouse o 21 de xuño no que se anuncia a posible presencia dos Duques da Conquista no evento e a participación da cuadrilla de afeccionados de Manuel Minguillán.
Precisamente o diario ferrolán posicionouse abertamente contra a capea polos problemas de seguridade e por considerala como unha salvaxada.
O espectáculo, celebrado o domingo 2 de xullo pola tarde, custaba dúas pesetas ao sol e tres á sombra e nel lidíáronse dous becerros do Forgoselo. Mais a tourada trouxo unha gran liorta entre os defensores e detractores da festa taurina. No "Correo gallego" afirmabase que “el espectáculo fue unha salvajada y crimen de lesa-cultura en la comarca ferrolana”, tildando aos toureiros de “matarifes” e criticando “el asesinato vil de dos mansos corderos de la afamada ganadería de la Capela; los pobres bichos fueron asesinados a estocadas". Cuestiona a seguridade dos "organizadores flamenquistas y asamblea de la barbarie, ya que cayó el palco de los músicos porque no reunía condiciones de seguridad, menos mal que los becerros eran mansos", concluíndo que "hay que despertar el espíritu de nuestras sociedades ganaderas para levantarse en viril protesta contra el repugnante, cruel y exótico espectaculo de las capeas“.
Porén a valoración dos xornais “El Orzán” e "La Voz de Galicia" foi completamente oposta, desmentindo todas as afirmacións anteriores e considerando a becerrada "como un éxito rotundo”; critica a “los enemigos de los intereses de este pueblo” e concluíndo que “la becerrada ha sido buena de verdad. La fiesta taurina tuvo un lleno inusitado y resultó muy entretenida. Una tarde de gloria para la fiesta nacional".
A presidencia estivo a cargo do alcalde Sr Fernández Pita. O lector interesado pode ler as crónicas da prensa en Imaxes relacionadas. Na fotografía, vacas e becerros no Forgoselo, posibeis descendentes dos animais sacrificados na única tourada da Historia de San Sadurniño.
Temas: animais, Santa Isabel, festas e romarías, San Sadurniño (Concello), Forgoselo
Autor/a: Manuel González Álvarez