Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Tanto encanto reunido"

A Ferraría, Naraío, 2014

A Asociación Folclórica e Cultural "Berros do Castro" comezou no 2008 a pescudar na tradición musical de Ferrolterra a través de antigas fotografías de músicos e cancións populares. Conseguiron mais de 300 imaxes das que se se seleccionaron 110 para este magnífico proxecto editorial de edicións Embora: un libro CD de 120 páxinas que repasa solistas, cuartetos, bandas ou fabricantes de instrumentos que traballaron nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal desde o século XIX. Un libro imprescindible que conxuga imaxe e música dun xeito singular e con gran forza evocadora. Escoita unha completa entrevista realizada no mes de xuño do 2014 no programa “Lume na Palleira” da Radio Galega.





  • "Tanto encanto reunido"

  • Ramón Dopico e Bruno Casal na RG

  • Orquesta "Los rivadeumes"

  • Unha lección práctica de etnografía

load

Comentarios

isabel lopez soto

2014-06-21 00:59:51

interesame saber como poido conseguir o libro ( tanto encanto reunido).

Bruno Casal

2014-06-21 10:19:23

Boas Isabel. A editorial Edicións Embora o ten distribuído polas llibrerías de todo Galicia. Se non o atopases, ponte en contacto con nós e che enviamos un exemplar por correo postal. Moitas gracias polo interese.

Máis imaxes

Temas: cancións, música, músicos, Naraío

Autor/a: Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro

Compartir en: