![load](/main/templates/v1/img/load2.gif)
Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Silvalonga, 2008
Tras case vinte anos na emigración, María del Mar López Vigo retornou á casa para vivir na finca familiar en Silvalonga. No ano 2008 decidiron abrir un centro residencial para maiores "Suacasa" , que era o nome das terras dos seus devanceiros. Construiron un edificio de 600 metros cadrados con materiais nobres e ecolóxicos, que ademais de aportar calidade e máximo confort aos seus residentes, respectara ao medio ambiente. A instalación non ten barreiras arquitectónicas e combina todos os habitáculos do edificio: habitacións, baños, comedor, salón, mediante criterios ergonómicos. Conta cun total de 23 prazas, distribuídas en oito habitacións simples e 8 dobres, todas elas dotadas de equipamento mobiliario necesario e axeitado aos residentes, con sistemas de alarma e chamada de aviso.
Todo o centro residencial conta para o seu funcionamento coa utilización de enerxías renovábeis, enerxía solar térmica- con chan radiante que distribúe calor uniformemente. Trátase de conseguir un clima o mais parecido a un entorno familiar, no que se poida disfrutar dun espazo de convivencia san, alegre e activo. Asimesmo conta con todos os servizos precisos para atención da persoas con dependencia: Atención médica e de enfermería, fisioterapia e rehabilitación física, preventiva e de promoción da saúde, terapia ocupacional e animación sociocultural, promoción social, relación co entorno, atención social e psicolóxica cualificada.
Este centro privado complementa a actividade do Centro de Día de San Sadurniño.
Podes ler unha entrevista publicada na revista Pegadas no 2009