O Casal, San Sadurniño, 2014
O 25 de abril do 2014 o programa de Televisión de Galicia "Somos ben curiosos" achegouse ata a Aula Cemit de San Sadurniño para dar conta das posibilidades que ofrece Internet no rural. Na reportaxe poderás ver ademais a fermosa historia de Gustavo Cabarcos e cómo se fai "Fálame de San Sadurniño".
No programa José Martínez Cribeiro móstranos cómo pedir na Oficiña Agraria Virtual uns crotais para as ovellas. Manuela Rodríguez Mouriz consulta os puntos do carné na páxina da DGT. E tamén participan Pura Ladra Leiras, Carmen Couce Picos, Carmen Bouza Muiño e Mercedes Durán Teijeiro.
Temas: emigración, Internet, Lamas, San Sadurniño (Concello), vídeos, tecnoloxía