O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
Ferreira, 1915
En febreiro de 1915, os naturais de Ferreira emigrados en Bós Aires e Montevideo decidiron constituir a sociedade "Pro-escuelas en Ferreira", co obxectivo de construir escolas para nenos e nenas na parroquia da súa infancia. Tamén contribuiron á reforma do cemiterio de Ferreira. Co tempo, e tras moitas dificultades, chegarán a inaugurar a escola da Seara e a escola da Leiriña. No ano 2001, María Naveiras con 103 anos, lembrábase dos comezos daquela Sociedade que pretendía crear escolas para que os nenos e nenas da parroquia ferreiresa non tiveran que emigrar.
Na fotografía posan un grupo de socios/as da sociedade "Pro-escolas en Ferreira" nunha festa en Bós Aires. No reverso da foto consta a seguinte inscripción manuscrita: "1º: José Cobelo y Sra., 2º: Timoteo Cobelo y Sra., 3º: hermana de Teresa y marido, 4º: hermana de Teresa y marido, 5º: Antonio primo de Timoteo y hnos., y el resto son de Ferreira ó hijos y nietos".
Agradecemos especialmente a colaboración do historiador Raúl Soutelo pola cesión das gravacións orixinais realizadas no 2001, Miguel Noval pola dixitalización dos audios analóxicos, Fernando Campos pola cesión da fotografía da portada e José Luis Naveiras e familia de María pola autorización da publicación desta foto falada.
Mais historias de María Naveiras
2014-01-31 22:14:27
Parabéns polo magnífico traballo que están facendo. Escoitar de novo a voz de María Naveiras e ver esa foto estupenda que recuperaron resulta emocionante para este "maestriño" como me chamaba a avóa María.
Temas: asociacións históricas, emigración, escola, Ferreira, xente, outros lugares
Autor/a: María Naveiras Naveiras
Fotógrafo/a: Arquivo Fernando Campos