Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Campo da feira, San Sadurniño, 1931
Tras da proclamación da II República comezaron a agromar en San Sadurniño delegacións de partidos políticos e sindicatos. Tan só 13 días despois do 14 de abril de 1931, crease o "Centro Republicano socialista de San Sadurniño", con simpatizantes do PSOE e que tiña a súa sede social na "Casa dos asturianos" no campo da Feira. O seu obxectivo, segundo o Reglamento é laborar por la propiedad de la cultura, la ganadería y la agricultura con todos los medios a su alcance".
A primeira Xunta Directiva constitúese o 2 de xullo de 1931. Estaba composta por
Presidente: Emiliano Calvo Couce
Vicepresidente: Manuel Arca Fernández
Tesoreiro: Angel Rodríguez González
Secretario: José María Sanjurjo Gil
Vocais: Benito Vilariño Naveiras, Gerardo Sisto Arcay, Antonio López Sisto, Jesús Filgueira Martínez, Enrique Fentanes Portela.
A finais de xullo, unha delegación das xuventudes socialistas ferrolánas achegáronse a San Sadurniño para saudar á nova agrupación local.
Mais, catro meses despois decícese modificar o nome por "Sociedad Agraria Socialista", trasladar a sede social á casa de Emiliano Calvo e reformar o Reglamento.
En 1932 prodúcese unha renovación da Xunta directiva:
Presidente: Andrés Rico López
Vicepresidente: Manuel Sanjurjo Gil
Secretario: José Calvo Meizoso
Tesoreiro: José Corral Calvo
Vocais: Elías Romero López e Manuel Carballo Arca.
Nos medios de comunicación e documentos da época figuran outros militantes que frecuentan e organizan actividades na Sociedad Agraria Socialista de San Sadurniño: Victoriano Sueiras Pouso; Emiliano Calvo Couce, Antonio López Sisto (presidente no 1935); José María Sanjurjo Gil, Senén López Loureiro, Andrés López Loureiro, Andrés Saavedra Gil , Antonio Filgueira Vieitez (hombre que rie), Sebastián Gómez Barro, Ricardo Sanjurjo Piñón, José Santiago e o médico municipal dende 1914, Enrique Fentanes Portela, irmán de Gerardo Fentanes, gobernador civil de Coruña.
A sociedade agraria socialista e o PSOE mantiveron unha actitude moi belixerante contra o concello republicano presidido por Vicente Castro Naveiras (Izquierda republicana)
A Sociedade Agraria Socialista foi incautada polas autoridades militares no verán de 1936. Foron requisadas varias pezas de mobiliario e 3'40 ptas. Case todos os membros da sociedade foron multados con cantidades que oscilan de 750 a 100 pesetas da época..