Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
San Sadurniño, 1918
Unha fermosa fotografía das mozas casadeiras de "boas familias" de San Sadurniño á altura de 1918. Aparecen ataviadas co traxe de labregas nunha función teatral no edificio do Convento. De esquerda a dereita figuran Carmen Fernández Vázquez, quen casaría co enxeñeiro suízo Mathias Wirz e falecida en 1955; Elvira Loureiro Couce,(1889-1963), filla do rico comerciante e industrial Luis Loureiro que casará co alcalde Perfecto Calvo; no centro da fotografía, María Rico Vigo, filla do alcalde Tomás Rico e que será a segunda muller do xuíz municipal e administrador da Marquesa Manuel López Sisto; despois temos a Honorinda Loureiro, (1892-1955), tamén filla de Luis Loureiro e casará co médico José Malvar e para finalizar, na parte dereita, a mestra de San Sadurniño Dona Pura Sánchez Rey.
Na fila de embaixo á esquerda, Jacinta López Loureiro,(1896-1919), filla de Manuel López Sisto a piques de casar con Ricardo Fernández Pita, mais que falecerá un ano despois de tomar esta foto; Rosario López López (1900-1972), filla do rico comerciante e xuiz municipal José López Torre quen casará co tamén comerciante Angel Rodríguez; María Casal Alende, filla do comerciante e alcalde Pelayo Casal e Victorina López Loureiro, filla de Manuel López Sisto e quen casaría co secretario municipal Edelmiro Pita. Todas son "chicas bien" do núcleo do poder local disfrazadas de labregas.
Agradecemento especial á familia López Pouso pola fotografía e información:
Temas: San Sadurniño (parroquia), lecer, muller, teatro, xente, familias
Autor/a: Manuel González Álvarez