San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño
San Sadurniño, 1978
Saraibas é un grupo mítico do folk galego formado no ano 1978, por un grupo de amigos de San Sadurniño que levaban cantando xuntos como afeccionados dende 1969. O grupo inicial estaba formado por Martín Sanjurjo, Miguel A. Sanjurjo, Avelino Cinza, Rexina Cinza, Emma Calvo e Elisa García. Mantivéronse en activo ata o 2004 . O grupo chegou a editar 6 CDs e compartiu escenarios con figuras da música galega e internacional por todo o mundo. Tamén foron os impulsores -xunto con Ramón Díaz Raña- do Certame de canción infantil galega "Cantareliña" (1983-1990).Nos apartados de Documentos e Imaxes relacionadas podes ler numerosas criticas e comentarios sobre este grupo senlleiro da música popular galega.
Aquí podes escoitar unha das súas cancións mais populares: "Nación".
E aquí podes ler todas as letras ou escoitar moitas das súas cancións.
O propio Ramón Díaz Raña remitiunos un texto có título “O talento artístico non se merca na feira” no que debulla nas orixes do mítico grupo:
"Síntome moi ligado ao nacemento do grupo SARAIBAS. Ao chegar eu a San Sadurniño estaba daquela de Superiora e Directora do Colexio das Monxas de Cristo Rei a Nai Luisa María, quen, como boa valenciana, era experta en música. Con motivo das diversas solemnidades litúrxicas (Nadal, Semana Santa, San Xosé, Festa de Cristo Rei....) xuntábase con un grupo de rapazas e rapaces da parroquia para ensaiar novos cantos e darlle así máis realce a festa. A cousa resultaba verdadeiramente solemne. Facíano de marabilla. Había acompañamento de guitarras e diversos instrumentos de percusión. Chamáronme poderosamente a atención. Entre as mulleres sobresaía Emma de Torina e entre os homes Miguel Sanjurjo. Despois, xa sen depender da Nai Luísa María, fomos facendo un elenco de cantos litúrxicos cun repertorio ben amplo (Padre Zezinho, Misa Nicaragüense….) e animeinos a saír cantar noutras parroquias en vodas e festas patronais. Unha desas vodas foi a de Adela (sobriña de Otilia) e Xosé Luis....Máis adiante, matinando matinando, damos outro paso. Preparamos algunhas cantigas de Fuxan os Ventos e outras cancións populares galegas e, polo 15 de agosto, presentáronse nun concurso de cantos populares a celebrar nas Somozas. So apareceron eles...."
Continuar lendo o artigo
Na fotografía, o grupo Saraibas actuando no Pazo da Unesco en París o 20 de outubro de 1985.
Temas: vídeos, lecer, San Sadurniño (Concello), música, creador@s, músicos
Autor/a: Ramón Díaz Raña
Vídeos:
Os aproveitados da fala
Nación
Rebola bola
Xa non podemos calar