Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Saídas en bici

San Sadurniño, 1980

Esta é a deliciosa historia das aventuras en bici dun fato de rapaces de 14 á 17 anos e o párroco Ramón Díaz Raña no anos do posfranquismo, de 1976 a 1983. Aínda que fixeran varias excursións preparatorias polo Norte de Coruña, será en 1980 cando se estreen “en serio” cunha viaxe a Os Peares na “III Romaxe de Crentes Galegos”, pedaleando dende San Sadurniño ata as terras entre Ourense e Lugo en bicicletas de paseo. Eran temerarios e valentes. En anos sucesivos irán a Ribadeo, Pontevedra, A Toxa e moitos mais recunchos de Galicia. Hoxe a tradición continúa da man do "Clube ciclista MTB Biela e Chaveta".
“Os que ían daquela nas bicis eran Luis e José Manuel Gil, José Antonio de Granado, Guillermo e Elías Romero, Benito Calvo, Avelino Cinza, Carlos e Tomás de Corrás, Toñito de Agra, Pablo Barro, Toñito Parra, Toñito da Feira, Ricardo do Enxerto, Angel e Juan Gavín, Nando de Rico, José Angel de Cornide, Carlos Dorado, Pascual Folgado, Avelinito do Casal, Darío Rodríguez…"
O fermoso relato de Ramón Díaz Raña escrito dende Cáceres para "Fálame" comeza así:
Nos primeiros veráns empecei a saír cos rapaces. Fomos varias veces a pé ao Pico de Ferreira, ao Castelo de Moeche e ao de Narahio … Unha das veces subimos un bo cacho polo mesmo río Castro para así asaltar a Fortaleza sen ser descubertos. Recordo que Juan Gavín esvarou por unha pena e levouse unha ducha inesperada....”
Continuar lendo....

Na fotografía de esquerda a dereita: Ramón Díaz Raña, Angel Gavín, Pascual Folgado, Carlos Amor, Elías Romero, Víctor, Ricardo López Barcia e Darío Rodríguez Alves..

Saídas en bici

Documentos:

"Historia dunha vidiña" por Ramón Diaz Raña
As saídas en bici por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, lecer, nenos e nenas, outros lugares, San Sadurniño (Concello), xente

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: