Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

"Resonancias"

Ferreira, San Sadurniño, 2024

8ª Chanfaina Lab (9). Estrea: venres 29 de marzo do 2024
Produción, dirección e guión:Diana Gonçalves
Cámara, montaxe e posprodución: Adriana Páramo
Reparto: Margarita Sánchez, Marica do Neiva
Sinopse: “Como facer para que un lugar non che resulte estraño nin indiferente?”
Duración: 13'16"
Gravado nas parroquias de San Sadurniño e Ferreira dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Diana Gonçalves (Tui -Valença do Minho, 1986).
Despois de licenciarse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo (2008), produce e dirixe o que será o seu documental máis coñecido, “Mulleres da Raia” (2009). Posteriormente traballa como realizadora de televisión do programa "Ben Falado" para Televisión de Galicia. No eido da produción, colabora con AGADIC no deseño e organización de varios encontros do programa CREATIVA, para promover o intercambio cultural multidisciplinar entre España e Portugal. Continúa a súa traxectoria no estudio de son Cinemar Films. Como programadora, destaca o deseño e coordinación da retrospectiva documental “Carlos Velo: Ollar à marxe”, no festival Filminho. Promove e dirixe varios talleres nos centros escolares de Galicia e Norte de Portugal. Durante cinco anos participa no laboratorio documental “El Retrato Filmado” (coordinado por Marta Andreu) no que dirixe cinco curtas documentais: Retrato Encuentro (2009), Retrato Memoria (2010), Retrato Deriva (2011), Retrato Paisaje (2012), Retrato Espejo (2013). Co pouso da experiencia e o material de arquivo resultante, produce e dirixe o seu último documental ata o momento, "Palmira" (2017). En 2023, funda a asociación cultural e social Raia Creativa, un espazo de encontro e compromiso para o diálogo, o intercambio de experiencias e coñecementos asi como a práctica creativa e artística en liberdade e con condicións dignas. Dende ese espazo en construción, promove e dirixe un novo proxecto creativo en fase de desenvolvemento: "Transfronteiriza", unha instalación multidisciplinar. Paralelamente, prepara a tese no eido da comunicación arredor da raia con especial atención á educación comunitaria e a participación cidadá. En todas as vertentes de actividade hai unha constante: ser, vivir e traballar de maneira transfronteiriza.

Diana achegouse a San Sadurniño sen un obxectivo definido, como unha creadora perdida, na procura de inspiración nun espazo alleo e distante do seu medio "natural", o universo transfonteirizo:"O punto de partida é a aproximación a un lugar que descoñezo. Intuitivamente busco elementos familiares para superar esa sensación de estrañamento, que me xera certa incomodidade. Ao mesmo tempo, por razóns prácticas, preciso dun punto de partida para empezar a elaborar una historia. Un fío do que tirar. Unha cuestión intuitiva e de necesidade. Vou na procura de algo que resoe en min e que teña que ver co lugar. Escoito falar duns portugueses que foron traballar a San Sadurniño, é a primeira resonancia. Sigo investigando en "Fálame de San Sadurniño" e ao ver a foto do palco de música de Ferreira, sinto a segunda resonancia. Xa teño un espazo e uns protagonistas para comezar a construír. E nese exercicio de reconstrución que atravesa a memoria, tento unir o pouco que sei de cada un, teño a tentación de unilos de maneira ficticia, intencionalmente, a través a hipótese verosímil de que puideron ser estes homes os que construíron o palco da música de Ferreira. A cada paso que vou dando, avanzo e ao mesmo tempo encontro novos ocos. Fainos falta a memoria pero tamén a imaxinación. A historiadora Margarita Sánchez lévame ata a descendente dun destes portugueses. Pero faltan documentos, non temos sempre a quen preguntar, recordamos só unha parte. A historia sempre estará incompleta pero o que realmente importa é a busca que sempre trae algunha revelación. Ao final estou máis próxima do lugar do que inicialmente sospeitaba. Esta procura que parte do pasado, lévame a recoñecer unha ferida e a restablecer o meu vínculo coa música. A identidade constrúese a cada momento, así como se vive."

"Resonancias" converteuse nunha fermosa exploración polo universo compartido e descoñecido da Lusofonía en Sansa realizada por unha cineasta da fronteira: "O cinema é vida en perpetuo movemento. É ir ao encontro do outro, de ti mesmo. Resonancias é un exercicio de escoita, de resposta, de transformación desexada. Obrigada a tod@s @s que fixeron algún esforzo creativo, son e sou capaz grazas a eses esforzos que chegaron ata min. E por suposto, aos que sempre están dispostos a compartir." Pois iso, ao final da procura, Diana foi quen de atopar en Sansa o ronsel da súa identidade cultural e, ao tempo, ser fiel a si mesma e a propia memoria persoal. O talento da cineasta luso-galaica foi quen de diluír, mediante resonancias vividas, os 220 km que nos separan da súa patria da infancia.
Fotografías de Cesar Galdo.

  • "Resonancias"

  • Diana e Adriana na foto conmemorativa da plantación da árbore da VIIII Chanfainalab

  • Diana e Adriana na foto oficial da VIII Chanfainalab

  • Diana na "Eira de cineastas"

  • Adriana Páramo e Diana ao fondo

  • Dúas artistas no palco de Ferreira

  • Adriana e Diana

  • Diana Gonçalves na procura de si mesma

  • Preparando o plano en Ferreira

  • Outra peza de Diana en Ferreira

  • As creadoras de "Resonancias"

  • Recollendo a Lola Chanfaineira

  • Diana e Adriana na gala da 8º Chanfainalab

  • Adriana e Diana presentan "Resonancias"

  • Diana, Adriana e Fran

  • Cineastas da 8º Chanfainalab

  • Diana Gonçalves e Adriana Páramo presentan "Resonancias"

  • Diana Gonçalves 2024

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Capelas, músicos, Ferreira, festas e romarías, música, outros lugares, visitantes, patrimonios, guerra, Chanfaina'Lab

Autor/a: Diana Gonçalves

Vídeos:
Diana Gonçalves na serie "GFF recomenda"
Palmira (trailer)
Mulleres da Raia (trailer)

Compartir en: