Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Regreso da bandeira monárquica a San Sadurniño

Avenida figueroa, 1936

O goberno da 2ª República adoptara en 1931 a bandeira tricolor como símbolo do novo réxime democrático. O domingo 6 de setembro de 1936, pola tarde, as autoridades golpistas locais reinstauraron a vella bandeira bicolor da monarquía española no balcón da casa cuartel da Garda Civil de San Sadurniño.
O acto foi promovido polo Tenente da Garda Civil de Ortigueira, Maximino Lobo Navascués,(Badajoz 1906), que xa cesara á corporación republicana o 26 de xullo. Viña acompañado por 200 falanxistas de Ortigueira, Cerdido, As Somozas e Cedeira. No cuartel de San Sadurniño agardaba o sarxento Juan Rodríguez Rabanal.
O acto comezou coas "señoritas falanxistas" de San Sadurniño cantando o himno á bandeira para rematar todos os asistentes cantando o "cara al sol". Logo, o tenente Lobo Navascués dirixiuse á xente mentres "la muchedumbre pronuncia entusiásticos vivas a España, al ejército y a la Guardia Civil. Un momento de gran emoción".
Tamén o alcalde Pelayo Casal lerá un pequeno discurso para rematar co sarxento Rodríguez Rabanal, quen se fará cargo da bandeira: "para defenderla como sagrado emblema da patria y símbolo del orden que ha de amparar siempre a los españoles amantes de la justicia, de la paz y de la santa virtud del trabajo". Rematou o acto o tenente Lobo Navascués lembrando que "la bandera debe guardarse y defenderse como se debe defender a una madre".
Xa finalizado o acto desfilaron diante da bandeira, símbolo do exército golpista, os 1.500 asistentes "llenos de entusiasmo y fervor patriótico"
Podes ler a crónica completa publicada en La voz de Galicia o 9.9.1936

  • Regreso da bandeira monárquica a San Sadurniño

  • Acto patriótico (1). LVG 9-9-1936

  • Acto patriótico (2). LVG 9-9-1936

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, guerra, San Sadurniño (Concello), visitantes

Compartir en: