Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
San Sadurniño, 2008
Vídeo do proxecto "Memoria de Muller de San Sadurniño". Eva Blanco, comparte a súa historia con nós, desde o que supoñía ser zurda até a experiencia das mallas que tanto fixeron pola unión da veciñanza.
Temas: escola, labregos e labregas, máquinas, animais, muller, traballos, San Sadurniño (parroquia), gastronomías, vídeos
Autor/a: Eva Blanco