TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Naraío, 2015
Neste vídeo Lucita recolle patacas na súa horta de Naraío coa axuda dunha amiga moi especial, Antía.
2015-10-17 17:24:55
Encantame o voso traballo, as miñas felicitacións¡ Sobre todo a Antía, guapa e simpática, ten pinta de ser lista como un allo, igual que Lucita.
2015-11-02 17:30:28
¡Lucita. estás feita unha cativa! Non creo que eu plante patacas pero foi ben a cousa.
Temas: Horta de Lucita, labregos e labregas, Naraío, nenos e nenas, traballos, xente, vídeos
Autor/a: Lucía Pita Casal