Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Ferrol, 1883
O 12 de setembro de 1883 chegaba ao peirao de Ferrol a bordo do vapor "Hércules", o político conservador José Mariano Quindós y Tejada, VI Marqués de San Sadurniño. O xornal "El correo gallego" saudaba a súa chegada cun entusiasta editorial en primeira páxina. O motivo fora o seu compromiso no Senado por sacar adiante o proxecto de ferrocarril de Betanzos a Ferrol, aprobado polo goberno no mes de agosto, sendo a primeira liña en ser construida polo propio Estado No acto de recepción participan o Concello, a Liga de contribuíntes e outras entidades ferrolanas, así como veciños e veciñas que manifestaban agradecemento ao aristócrata impulsor da chegada do tren á cidade departamental, ainda que tal evento adiarase 30 anos pois a liña de 42 km será inaugurada o 5 de maio de 1913.
Tras da recepción popular, o Marqués aloxouse na casa do deputado Becerra Armesto. O Liceo de artesáns pretende ofrecerlle un "lunch" e darlle unha serenata nocturna. Mais terá que marchar precipitadamente ao día seguinte "para inspeccionar las obras de reforma que se están haciendo en su palacio de San Saturnino" . Unha semán mais tarde regresará a Madrid "por el delicado estado de salud de su hijo" Fernando, que falecerá seis meses despois en 1884.