Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
Naraío, Ferreira e Igrexafeita, 2026
10ª Chanfaina Lab (3). Estrea: 3 de abril do 2026
Directora: Area Erina
Duración: 5' 5"
Sinopse: "Rachar en dous" nace dun estado interno íntimo e reflexivo. Xurde nun momento de inflexión vital marcado pola dúbida e a incerteza, nunha especie de suave aceptación que finalmente convértese nun acto de rebeldía contra o proceso mesmo da creación manifestándose na propia materialidade do filme. Nese tránsito, un corpo feminino entra en diálogo cos diversos lugares e paisaxes de San Sadurniño. O xesto corporal aparece como un xeito de exploración sensible; un movemento que acolle a contemplación, a nostalxia, a búsqueda nunha clase de baile ou danza co entorno. A danza ou o xesto performativo funcionan como unha mediación entre interioridade e territorio, entre intimidade e espacialidade. Non é tanto unha representación como unha escoita: da paisaxe, do tempo interior, e das preguntas que atravesan o corpo.
Equipo artístico: Rosana Payán Araujo
Equipo técnico : Aida Saco Beiroa - Música orixinal
Gravado nas parroquias de Naraío, Ferreira e Igrexafeita dentro do programa da 10ª Chanfainalab
AREA ERINA (Vigo, 1980). Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid e cun Master de Ensino de Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnica de edición para varias produtoras, así como realizadora freelance de publicidade, videoclips e promoción de cine e teatro. Paralelamente e na actualidade traballa como artista visual no campo experimental, documental e plástico. Colaborou con formacións realizando montaxe en directo (Live Cinema) e participou en festivais nacionais e internacionais con varias das súas pezas. Actualmente está en promoción da súa primeira longametraxe documental "Aurora" producido por Gaitafilms. Estreado no Festival de Málaga 2024, e seleccionado e premiado en diferentes festivais como o OUFF, Play Doc, Cineuropa, MICE, PortoFemme, Riga Film Festival e finalista a mellor documental nos Mestre Mateo 2024
Nun principio a miña idea era coller como protagonista a parroquia de Ferreira nunha especie de guiño ó motivo polo que este ano estaba adicado o Chanfainalab. Un dos acontecementos que ía a gravar nesta parroquia caeuse, o que me levou a replantexar un cambio no punto de partida. Curiosamente non fixo moita falta elaborar forzosamente unha alternativa: a partir dese momento comezou unha viaxe. Acompañada da miña cámara Super 8 e a miña amiga Rosana, deixeime abrazar polas paisaxes de San Sadurniño, a falar con elas, nunha especie de diálogo secreto e silencioso que deu como resultado esta peza que vedes, dende logo, saída dun estado de profunda sinceridade e transparencia. Espero que vos guste.
Temas: Chanfaina'Lab, conflitos, creador@s, Ferreira, lecer, naturezas, Naraío, paseos, vídeos, visitantes
Autor/a: Area Erina