Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1979
Tras da morte de Francisco Franco e a aprobación da Constitución, o 3 de abril de 1979 celébranse -48 anos despois- as primeiras eleccións municipais democráticas dende 1931. En San Sadurniño presentáronse dúas listas con posibilidades de entrar no goberno municipal. A primeira era a candidatura “Independiente de San Saturnino” que obterá 1.181 votos (55 %) e sete concelleiros; a outra foi a candidatura do PSOE que sacou 1.031 votos, (45 %) e seis concelleiros. 150 votos separaron as dúas propostas. Abstivéronse de ir votar o 45 % da poboación, é dicir 1.849 persoas. A revista "Pumariño" publicou un comentario, cun guiño ao futuro respecto deste proceso electoral.
Estes serían os concelleiros electos da primeira corporación democrática dende o tempo da 2ª República:
Pola candidatura “Independiente de San Saturnino”
Cesar Antonio López Fernández. Alcalde
Eliseo Cibreiro López. (1926-2011). Monte
Eladio Fraga Redondo(1929-2008). Naraío
Abelardo Soto García. (1922-2010). Ferreira
Luciano Garrote Pena.
Manuel González Couce.
Francisco Bouza Ardao.
Pola candidatura do PSOE
Manuel José Lamas Soto. (1956-2016). Igrexafeita
Rafael Pereira Hermida.
Miguel Sanjurjo Sixto. (San Sadurniño)
José López Díaz.
Carlos Castrillón Yañez. (Lamas)
Alejandro Mera Fernández.
Ilustracións e información extraídas de Pumariño (abril de 1979) e do arquivo dixital do Ministerio do interior
Seguintes eleccións en 1983