Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Primeira pedra da Casa das monxas

O Casal, San Sadurniño, 1929

A primeiros de xuño de 1929 -mais cedo do acostumado-, a Marquesa chega ao seu pazo de San Sadurniño para pasar o verán. A finais de maio morrera o Administrador das súas propiedades en San Sadurniño Manuel López Sisto. É de supoñer que viñera xa moi abatida pola morte inesperada da súa amiga e protectora, a raíña rexente María Cristina en febreiro. De feito unha das primeiras actividades foi a orgaización dunha Misa na Igrexa parroquial polo "eterno reposo" de Maria Cristina á que asisten todos os nenos e nenas cos seus mestres. Natividad Quindós servíuna fielmente durante 17 anos como Camareira maior . Coa morte da raíña e os seus seres mais queridos en 1922 e 1926, a marquesa converterá a relixión case no único refuxio no que asentar o seu devalar.
Tras da doazón de Baltar aos claretianos, xa ten matinada a instalación da Orde de “Hijas de Cristo Rey” nas súas posesións. Na primeira quincena de agosto de 1929 chega a San Sadurniño a Superiora en España da Orde. O acto de colocación primeira pedra do futuro Colexio-residencia das monxas tivera lugar a mediados de xullo de 1927, coa asistencia do gobernador civil. O colexio -construído en formigón armado- inaugúrase un ano mais tarde, a mediados de novembro de 1930 co alcalde Faustino Loureiro. A partires deste día, as monxas e o colexio de Cristo Rey formarán parte de San Sadurniño e vintecatro anos mais tarde, tras da morte da marquesa (1953), a Orde ficará con gran parte das posesións do Pazo.
Este foi, polo demais, un verán tranquilo, o derradeiro da Ditadura de Primo de Rivera, que vive os fastos das Exposicións de Sevilla e Barcelona que precederon a caída do ditador e o crack de 1929. Mais na "vila da tranquilidade" o verán foi tan aristocrático e alleo á realidade coma sempre. Viñeron pasear pola fraga e os xardíns do Pazo algúns vellos coñecidos: Marquesa de Martorell, Felix Aspe, Señoritas Urgorri, Duquesa de Plasencia, Señorita de Heredia, dama da Raíña e outras distinguidas aristócratas. Tamén o bispo de Mondoñedo virá de visita ata o pazo a finais de setembro.
En definitiva, o verán de San Sadurniño viña sendo igual que hai 30 anos: as actividades favoritas nas 100 hectáreas da "Vila da tranquilidade" eran as de sempre: pasear pola fraga, partida de tenis, sestas e lecturas ao fresco, merendas campestres, tertulias ou calceta na terraza e misa diaria na Capela do Pazo. En troques as actividades do resto dos habitantes do concello eran ben diferentes: segala herba, a seitura, rozalo monte, atender aos animais... e pagarlle as rendas aos Señores Marqueses
Na fotografía a Marquesa e as monxas de Cristo Rey na porta do colexio-residencia arredor de 1930. Manolo Rico fálanos do comezo da casa das monxas.

  • Primeira pedra da Casa das monxas

  • Monxas de Cristo Rey en San Sadurniño

  • Primeira pedra colexio monxas

  • O colexio-residencia no 2014

  • Nos xardíns do pazo

  • Inauguracion colexio das monxas (El siglo futuro, 12.9.1930)

  • Chegada a superiora de Cristo Rey a San Sadurniño. 11.8.1929

  • Misa por María Cristina en San Sadurniño. El Correo de Galicia, xuño 1929

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: escola, Pazo da Marquesa, patrimonios, San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manolo Rico López

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: