Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Praza do Marqués de San Sadurniño

Praza vella, Ferrol, 1900

O 20 de xuño de 1900 o Concello de Ferrol acordou o cambio de nome da antiga "praza vella" de Ferrol por Plaza del Marqués de San Saturnino. "porque ha demostrado siempre el amor a este pueblo y defendió sus intereses siempre que se le presentó ocasión para ello". O Concello agasallaba así a figura de José Mariano Quindós y Tejada, VI Marqués de San Sadurniño, impulsor do Ferrocarril Betanzos- Ferrol e falecido en abril dese mesmo ano.
Un mes despois, o 28 de xuño, "El Correo Gallego" publicaba unha carta de agradecemento da súa filla, Natividad Quindós. Nela expresaba o seu profundo sentimento de agradecemento pola honra que supón o acordo municipal, á par que promete seguir velando polo ben e os intereses da cidade.
Podes ler a súa carta aquí.

  • Praza do Marqués de San Sadurniño

  • Acordo do Concello de Ferrol. Correo gallego 23 de xuño de 1900

  • Carta de agradecemento da Marquesa. El correo gallego 28 de xullo de 1900

  • Praza do marqués en Ferrol vello

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, Señores de San Sadurniño

Compartir en: