Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Papelga, historia dun fracaso

Vidueda, San Sadurniño, 1989

O soño empresarial da instalación dunha gran papeleira en Galicia estivo a piques de facerse realidade en San Sadurniño a finais da década de 1980.

Nesa altura, en San Sadurniño vívese unha etapa de efervescencia industrial ao abeiro do plan ZUR. Xa funcionaban a pleno rendemento a conserveira "El cisne" (200 traballadores) e a industria da madeira INTASA (200 traballadores), cando saltou a nova da posibilidade da instalación dunha planta de papel estucado a cargo de Papelga, unha empresa participada polo xigante español do sector Iberpapel e a multinacional finlandesa Tampella. A factoría prometía 405 postos de traballo directos e máis de 1.000 indirectos; por outra banda, a materia prima era o piñeiro, polo que a factoría viña acompañada por un plan de prantación propia ou merca masiva de madeira de piñeiro. Porén, o proxecto tamén comezou a ser analizado e cuestionado polos grupos ecoloxistas Adega e Sociedade Galega de Historia natural. Na cabeza da xente agromaban os cheiros e a contaminación ambiental de ENCE en Pontevedra e o medo que San Sadurniño se convertera nun "basureiro industrial".

Por outra banda, a veciñanza de San Sadurniño andaba sensibilizada cos vertidos de "El cisne"; algúns esixiron información inmediata ao alcalde, o socialista Manuel José Lamas. Os "Independientes" solicitan datos concretos sobre as condicións da factoría e dubidan da súa oportundade. O asunto pasou ao pleno municipal, provocando as leas habituais da política local. Mais... ...qué político pode opoñerse a posibilidade de crear tantos postos de traballo?. A historia -e a paisaxe- de San Sadurniño houbera mudado profundamente si Papelga constrúe a única fábrica de papel de Galicia no concello. A inestable e conflictiva corporación municipal en pleno (PSOE+Independentes+AP) acordaron por unanimidade o apoio á instalación da fábrica en San Sadurniño.

Porén, nesta ocasión apareceu un competidor no concello limítrofe de Naron, que tamén solicita a fábrica no seu polígono en Río del Pozo.
O alcalde Lamas realiza as xestións pertinentes. Daquela o Conselleiro de Ordenación do Territorio tamén é socialista (Antolín Sánchez Presedo) e o alcalde está esperanzado e confía no apoio do seu partido á instalación en San Sadurniño de Papelga. Elabóranse informes, viaxes e xuntanzas en Madrid coa empresa, etc.

Ao fin, un ano despois de comezar as negociacións, Papelga toma a decisión de instalarse en Narón , o que provocará unha profunda decepción no equipo de goberno que se enterou pola prensa. O concelleiro socialista José Antonio Grandal Carballo , moi molesto coa posición do seu partido e con Sánchez Presedo en particular, presenta a súa dimisión (recuará días despois). Tamén Alianza Popular aproveitará a ocasión para solicitar a dimisión do equipo de goberno, polo que consideraba "ineptitude e mala xestión e que San Sadurniño perdera esa oportunidade".

Mais o destino decidirá que a empresa tampouco se instalará en Naron. Papelga tentaba aproveitarse das xenerosas subvencións para a reindustrialización da comarca de Ferrol, pretendendo que a ZUR financiase a fondo perdido todo o seu investimento. A factoría non se chegou a construír. En realidade era unha fábrica de papel mollado,do mesmo xeito que a factoría de produtos químicos de Maffezini.

  • Papelga, historia dun fracaso

  • Os veciños solicitan información sobre Papelga. LVG. 3.2.1988

  • O alcalde amosase optimista sobre Papelga. LG 2.10.1988

  • Acordo municipal sobre Papelga.20.3.1988

  • Papelga instalarase en Narón. 19.10.1990

  • Dimite un concelleiro socialista. 20.10.1989

  • Alianza popular pide a dimisión do goberno municipal

  • "Independientes" solicitan información. LVG 26.1.1988

  • Papeleira: un tema recorrente LVG 18.9.2005

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), outros lugares, empresas da madeira

Compartir en: